NÚMERO 307 - 21/03/2016
CUTUDC / Novidades
Erguer, fai un chamamento ao todo o estudantado galego para que o día 13 de abril baleire as aulas e encha as rúas como mostra de rexeitamento á LOMCE e ao decreto de 3+2, en defensa do ensino público.
Tanto a LOMCE
como decreto de 3+2 son os dous elementos
principais nos que se fundamenta o ataque do
Partido Popular contra o ensino público, estes días
o movemento estudantil mobilízase, de novo, contra
as políticas impostas desde o partido que aínda
goberna no estado.
Segundo manifestaron na rolda de prensa realizada a
pasada semana o goberno español impón a
mercantilización mediante unha lexislación como a
LOMCE que sinalan como antipedagóxica,
españolizadora, confesional, privatizadora,
clasista, patriarcal, e que afonda na desigualdade
de oportunidades no ensino. Manifestaron, tamén,
que a Estratexia Universitaria 2020 na que se
enmarca o decreto de 3+2 é un claro exemplo da
mercantilización do ensino público, co obxectivo de
converter as universidades nun criadeiro para as
empresas capitalistas
"A derogación da LOMCE non debe ser negociable"
Iria Figueroa, de Erguer. Estudantes da Galiza,
falou en Radio Obradoiro da convocatoria de
folga para o vindeiro 13 de abril no ensino medio e
universitario, en contra da polémica lei e do
decreto do 3+2
Desde
Erguer. Estudantes da Galiza fan um chamamento
o estudantado galego para encher as ruas da Galiza
na luita polos seus direitos este 13 de abril.
NOM À LOMQE, NOM AO 3+2.
DEFENDER O PÚBLICO É DEFENDER O FUTURO!
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript