Marzo de 2016
 
 

NÚMERO 307 - 21/03/2016

   CUTUDC / Novidades

  O LADRÓN DEVOLVE PARTE DO ROUBADO
 

Feijóo anuncia que nos devolverá o que nos recortou no ano 2012

O sr. Feijóo, que, desde o ano 2012, nos rouba unha parte importante do noso salario, anuncia, que nos devolverá, parte do que nos rateou no ano 2012 (arredor do 50% da extra que aínda, a estas alturas, non se nos reintegrou). farao, segundo sinalan os medios de comunicación, en dous cómodos prazos, o 25% en abril e outro 25% en setembro, “casualmente” correspondéndose esas datas cos períodos anteriores a unhas máis que previsibles eleccións estatais, o primeiro prazo, e autonómicas, no segundo. Anuncia, de paso que, a partir do ano 2017 non se nos recortará o específico das pagas extra.

 

  • Noticias relacionadas

 

O magnánimo sr. Feijóo quere aparentar compromiso co persoal funcionario da súa administración cando só restitúe o salario que previamente el mesmo nos recortou. E non nolo restitúe todo, o que se nos reintegra é unha pequena, aínda que importante parte, do que el mesmo, a diferenza da administración do estado, nos recorta desde o ano 2012.
 
Se agora presenta como unha dádiva a devolución da paga extra do ano 2012 non tardará en facer o mesmo coas sentenzas que lle obrigan a pagar a parte devindicada da extra de 2013.
 
O que non sinala o sr. Feijóo e cando nos reintegrará o recortado nestes últimos anos nas extras de xuño e decembro, nin cando procederá á restitución do poder adquisitivo que perdemos durante estes anos, iso si, comprométese, verbalmente, a non recortalas no ano 2017, cando previsiblemente e se espabilamos dunha vez, non gobernará.

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript