NÚMERO 307 - 21/03/2016
CUTUDC / Novidades
O compañeiro Óscar Reina, voceiro nacional do SAT, visitou na pasada semana diversas organizacións comarcais da CUT en Galiza, na súa primeira viaxe oficial a este país despois de que o seu predecesor, Diego Cañamero, consolidase unha forte alianza fraternal entre este proxecto sindical do sur e a CUT.
Xaora en
Cangas onde departiu co noso Secretario Xeral ao
redor dos vínculos entrambos os sindicatos, xaora
en Vigo onde acompañou unha asemblea concorrida na
que se encetaba o proceso de redifinición da CUT ou
tamén en Compostela onde participou dun
conversatorio coa militancia, Reina tentou explicar
a dura situación socioeconómica do pobo andaluz, a
caracterización do SAT como un movemento social
centrado na loita contra a desocupación e a pobreza
e chamou á necesidade de alianzas populares entre
os diferentes proxectos das clases traballadoras do
estado.
Os máis de 350 anos que a acusación pública pide
para 659 militantes do SAT ou o millón de euros que
adebedan pola imposición de diversas sancións
administrativas non impiden que Reina nos anunciase
a decisión firme desta central sindical de insistir
con novas ocupacións de fincas contra o monopolio
da terra e a desocupación.
Dende a Central Unitaria de Trabaladores/as
agradecemos esta visita do compañeiro Óscar Reina e
desexamos mil primaveras máis para un proxecto
sindical como o do SAT, que comezou agrupando ás
xornaleiras e xornaleiros do campo andaluz para
representar hoxe un actor chave da transformación
social a nivel internacional.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript