Abril de 2016
 
 

NÚMERO 312 - 25/04/2016

   CUTUDC / Novidades

  JUECES PARA LA DEMOCRACIA
 

JpD denuncia ao ministro Fernández Díaz por atacar a un xuíz que falou de torturas

Jueces para la Democracia (JpD) fixo público un comunicado no que sae en defensa do xuíz José Ricardo de Prada (na foto), despois de que o ministro de Interior español instase onte o Consello Xeral do Poder Xudicial a que «tome algunha medida» contra o maxistrado pola charla que deu o xoves pasado en Tolosa, na que admitiu a existencia de torturas e a falta de resposta xudicial.

 

  • Noticias relacionadas

 

Para a asociación de xuíces, Jorge Fernández Díaz «instrumentaliza ás vítimas do terrorismo nun suposto no que estas non eran aludidas polo maxistrado De Prada, que se limitou a mostrar a súa preocupación pola existencia de casos de torturas que, aínda que non son sistemáticos, resultan inadmisibles nun Estado de Dereito».
 
«A realidade destes casos está confirmada por diversas resolucións xudiciais, que o ministro parece descoñecer. Debemos lembrarlle que entre elas atópase a condena por torturas a catro axentes que foron indultados polo Goberno do que forma parte, a pesar dos informes desfavorables do tribunal sentenciador», afirma no seu comunicado.
 
JpD lembra que o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos condenou «ata en seis ocasións» ao Estado español por non investigar denuncias de torturas e que o Comité para a Prevención da Tortura do Consello de Europa reclamoulle «maior firmeza para impedir malos tratos e torturas a persoas detidas».
 
Tras mostras o seu convencemento de que as FSE «non comparten que a loita contra o terrorismo poida realizarse con instrumentos alleos ao Estado de Dereito, que resultan especialmente contrarios á dignidade humana», sinala que as «actuacións puntuais que supoñan un trato inhumano ou degradante contra as persoas detidas non poden silenciarse, senón que teñen que ser perseguidas desde o dereito penal».
 
Nese sentido, entende que as declaracións de José Ricardo de Prada son «pertinentes para analizar os límites do Estado de Dereito, desde unha perspectiva de defensa das súas institucións desde o ordenamento constitucional», e considera «inadmisible calquera intento de limitar a súa liberdade de expresión ou de atacar o exercicio da súa independencia xudicial».
 
JpD lembra que De Prada ten máis de 25 anos de experiencia na Audiencia Nacional e que ten unha «ampla traxectoria de protección dos dereitos humanos a nivel internacional» como xuíz na causa da guerra dos Balcáns e integrante de diversas organizacións que traballan nese ámbito.
 
«Non podemos dicir o mesmo de Jorge Fernández Díaz, que pasará á historia como o ministro que impulsou os maiores recortes de dereitos e liberdades da nosa democracia», subliña.
 
naiz
 
El Insurgente, Menea e vencerás...
 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript