NÚMERO 312 - 25/04/2016
CUTUDC / Novidades
Tanto o Sindicato Labrego Galego (SLG) como a Coordinadora de Organizacións Agrarias e Gandeiras (COAG) denunciamos na xuntanza da Interprofesional Láctea (Inlac) celebrada en Madrid, o 20 de abril, a ineficacia de deixar ao arbitrio de cada un dos 28 estados membros o control da produción leiteira na Unión Europea.
Precisamente,
ese foi o tema de debate nesta reunión: a decisión
do Consello de Ministros e Ministras de Agricultura
da UE, do pasado 14 de marzo, de limitar a
produción de leite de maneira voluntaria en cada
país en virtude do artigo 222 do regulamento de
Organización Común dos Mercados Agrarios (OCM) de
cara a paliar a crise que sofre o sector.
Dende o Sindicato Labrego
Galego, seguimos a defender un control da produción
a escala europea para evitar excedentes que afundan
os prezos e que garanta un equilibrio entre a
oferta e a demanda. Para o SLG, o modelo de sector
leiteiro a defender debe basearse nuns prezos
mínimos para o leite que cubran os custes da
actividade gandeira, nun sistema de produción
sostible ambiental e socialmente e na aposta clara
por manter activas miles de granxas por todo o
territorio e non só unhas poucas de tipo intensivo
e industrial.
Por iso, tanto o SLG como a COAG, pedimos na Inlac:
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript