Abril de 2016
 
 

NÚMERO 312- 25/04/2016

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

 

Coordinación sindical
Participamos, no seu momento, nalgunha manifestación que percorreu o Campus. Animámoslle a inauguración do curso académico a Feijoo, na Coruña e Compostela, concentrámonos en Ferrol e Coruña, formamos parte das manifestacións que, convocadas contra os recortes, saían da Reitoría e, nalgúns casos ían ate o Concello, noutros parabamos no Abente recolliamos ao persoal do centro íamos até Porta Real rematando de novo na Reitoría, o ánimo no Concello e no Abente foi a menos e acabamos facéndoo nós sos algunha vez máis, pero a mobilización foi indo a menos ata que deixamos de “autoconvocarnos”. Nós paramos pero Feijoo e Rajoy non o fixeron. Rajoy está a aplicar os seus decretos (LOMCE, 3+2...) Feijoo espreme ás universidades cos Plans de Financiamento, afonda na privatización da sanidade... E nós prad@s vemos como nos descontan cada ano os salarios, até chupamos con gusto os carrameliños electoralistas nos que nos devolve só parte, non nos vaiamos subir polas paredes, do que nos roubara. Alguén nos tería que dar un bo empurrón ou unha labazada para averiguar se aínda queda algo de vida nos nosos corpos. A pasividade fainos cómplices da situación, tanto da precarización progresiva da administración na que traballamos como da nosa situación económica, laboral e social que empeora día a día. Temos que espertar da sesta, tomar conciencia e responder para taponar esta hemorraxia que nos desangra. A división sindical é un factor que xoga en contra de todo o sinalado con anterioridade, compre, polo tanto, superala tendendo lazos entre as traballadoras e traballadores independentemente da súa afiliación, porque ou nos unimos e damos unha resposta conxunta ou isto non cambiará. Temos moito camiño por percorrer, só falta que nos poñamos a andar.

Non esquecer
Sei que tedes unha actividade frenética, polas asembleas e polo que nos contades estades metidos en moitas frontes. Nesta situación, ao mellor se dispersa e non se chega a separar o principal do secundario. Digo isto para facer unha chamada de atención sobre as promocións. Pasan as semanas e non temos os temarios da parte específica. Non o esquezades.

 

 

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript