NÚMERO 312 - 25/04/2016
CUTUDC / Novidades
Algúns disturbios tensionaron este xoves a marcha de miles de estudantes en Chile, que protestaron contra o curso da reforma na educación implementada con extrema lentitude, segundo expresaron.
Camila Rojas,
presidenta da Federación de Estudantes da
Universidade de Chile, declarou á prensa que a
manifestación foi un éxito e serviu para subliñar a
necesidade de impulsar os cambios no sector máis
que nunca.
Rojas defendeu o feito de seguir adiante coa
protesta a pesar dos tres días de Duelo Nacional
decretados pola morte do expresidente democristián
Patricio Aylwin.
Os estudantes están incómodos porque aínda non se
logra aplicar toda a reforma prometida, comentaron
directivos da Confederación de Estudantes de Chile
(Confech).
“A dor da familia respectámolo, pero tamén estamos
polo respecto dos nosos compañeiros endebedados,
aos que lles están embargando as súas casas”,
apuntou Rojas en referencia á aínda non completada
gratuidade na educación superior.
“Non hai reconstrución da educación pública nin un
marco regulatorio para as institucións privadas”,
indicou ao lamentar que a reforma é insuficiente e,
se persiste a situación, haberá convocatoria a
novas manifestacións.
A marcha desenvolveuse en orde na maior parte do
seu traxecto nesta capital, aínda que houbo outras
protestas en varias cidades do país.
O Goberno de Michelle Bachelet prometeu gratuidade
para o 70 por cento dos estudantes máis pobres e o
beneficio chegou a preto de 120.000 mozos este ano,
pero segundo a Confech, aínda o proceso non se
adianta de forma clara e precisa.
Á marxe da educación superior, igualmente hai
insatisfaccións no nivel medio, coa batalla contra
o lucro e o copago.
LibreRed | Prensa Latina
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript