NÚMERO 312 - 25/04/2016
CUTUDC / Novidades
Nestes días pasados os medios de comunicación publicaban a decisión do Goberno en funcións de pagar, neste mes, @s traballador@s da Administración do Estado o 50% da paga extra que, ao igual que á práctica totalidade de traballador@s do resto das administración se nos recortou no ano 2012. A decisión que como tod@s sabemos é elctoralista pon de manifesto, una vez máis, a diferenza de trato dest@s traballador@s con respecto @s que dependemos do goberno do PP galego.
Mentres que os
cartos dos patriotas: políticos, empresarios,
membros da casa real... buscan acubillo nos
paraísos fiscais, SICAVS... á clase traballadora condénaselle
a sacar ao país dunha crise que ten a súa orixe na
cobiza capitalista reflectida na burbulla
inmobiliaria á que seguiu o rescate bancario... As
políticas neoliberais transformaron esa débeda
privada en débeda pública que pagamos toda a
cidadanía ademais de coa precarización laboral,
paro... coa descapitalización dos servizos públicos
pois os diñeiros que deberían ser destinados a
sufragar as súas necesidades empréganse no pago
desa enorme débeda que esa clase política ao
servizo dos poderosos nos fixo contraer.
Así viñeron os recortes, tanto na administración
como aos seus traballadores e traballadoras,
recortes salariais (Zapatero, Rajoy, Feijoo),
recortes que, en época electoral se nos devolven a
contagotas para que teñan un efecto sedante e
votemos, unha vez máis, aos culpables da perda do
noso poder adquisitivo, dos que recortan os nosos
postos de traballo, as prestacións sociais, as
nosas xubilacións...
Rajoy que sabe que se aproximan novas eleccións
acorda, dun día para outro, a devolución do diñeiro
no mes de abril, Feijoo que sabe que as eleccións
autonómicas serán despois do verán adopta o acordo
de facer a devolución en dous cómodos prazos, un no
mes de abril e outro no mes de setembro, xa próximo
ao que terán lugar as eleccións galegas. Todo atado
e ben atado.
La Voz de Galicia, publicou un gráfico no que
se reflicte esa relación entre devolucións e
convocatorias electorais.
Reclamámoslle á Xunta de Galiza que deixe ao maxe os cálculos electorais e restitúa ás traballadoras e traballadores da Administración Autonómmica todo o recortado nos últimos anos.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript