NÚMERO 312 - 25/04/2016
CUTUDC / Novidades
Durante o proceso de aprobación dos orzamentos deste ano manifestamos, tanto na reunión do Claustro, Consello de Goberno e Consello Social, que o Tribunal Supremo xa se pronunciara fallando en contra da universidade obrigando á devolución da parte devindicada da extra de 2013.
A resposta da
Xerencia foi que as tres universidades xa estaban
en conversas coa Xunta de Galiza para devolver esa
parte a tod@s @s traballador@s das tres
universidades independentemente da súa condición de
PAS laboral ou funcionario. Comentou tamén o
xerente que, no momento en que a Xunta librase o
orzamento necesario para facer fronte a ese
pagamento sería introducido no orzamento.
Contra esta argumentación sinalamos que as
sentenzas son directamente contra a universidade e
abondaría que un sindicato dos demandantes
requirise o cumprimento da sentenza para que a
universidade tivese que facer fronte ao pagamento.
Requirímoslle ao xerente que apremiase á Xunta o
pagamento.
Nestes días @s nosas compañeir@s da Xunta de Galiza
informáronnos que a Xunta xa se está a comprometer
a afrontar o pagamento destas cantidades @s
traballador@s en datas próximas, sen ir máis lonxe,
o día 18 deste mes, na reunión realizada entre o
xerente do Consorcio de Igualdade e Benestar e os
sindicatos sinalouse que se realizaría a devolución
coa nómina do mes de maio.
Diante desta circunstancia e, entendendo que a
Xunta parece querer dilatar a devolución á
universidades públicas requirímoslle á
representación da UDC contundencia na reclamación
duns diñeiros incautados indebidamente pola Xunta
de Galiza.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript