Abril de 2016
 
 

NÚMERO 312 - 25/04/2016

   CUTUDC / Novidades

  GRECIA
 

Os traballadores na rúa, mentres o goberno negocia novos recortes coa troika

Os terribles recortes nas pensións decretados polo goberno de Alexis Tsipras,, terminaron por mobilizar novamente a todos os sectores da sociedade grega. Este xoves, os traballadores dos medios de comunicación helenos iniciaron unha folga de 48 horas, non só en protesta polos brutais recortes do Executivo de Syriza en relación coas pensións, senón tamén en contra dunha abusiva reforma fiscal que pon ao pé dos cabalos da pobreza a unha boa parte do pobo grego.

 

  • Noticias relacionadas

 

Esta folga ten lugar mentres  os representantes do Executivo e os seus acredores, o  Banco Central Europeo, a Comisión   Europea e Fondo Monetario Internacional  celebran "negociacións" que, segundo todos os indicios, concluirán con novas  medidas de "axuste" .
 
Pero a convocatoria de folga non quedou reducida á prensa escrita e dixital grega. Tamén a Federación de Mariñeiros de Grecia convocou unha folga de 48 horas, que ameaza con ampliarse en máis días.  Os sindicatos reclaman que a súa caixa de pensións suplementarias non se inclúa na Axencia de Seguridade Social Unificada.
 
Por outra banda, os traballadores das  televisións públicas e privadas, iniciarán o paro a primeiras horas deste venres, para concluílo o vindeiro domingo.
 
Grecia volve estar dramaticamente convulsionada, e o goberno   pusilánime de Syriza é incapaz de opoñer a máis mínima resistencia ás presións dos consorcios europeos, encartándose ás súas esixencias tal e como facían os Executivos que o precederon. Sen novidade, pois, en Grecia, salvo aquelas que regularmente empezan a dar a súa  clase traballadora. 
 
Canarias semanal
 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript