Abril de 2016
 
 

NÚMERO 312 - 25/04/2016

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Xestión de Listaxes de Agarda

Como sabedes, xa volo comunicamos nas asembleas e en anteriores boletíns, a Xunta de Persoal está a elaborar unha nova regulamentación para a xestión das listas de agarda. Nesta nova regulamentación a Xunta de Persoal quere introducir as circunstancias que posibiliten que as persoas que acaden mellor posto nas listas teñan unha maior estabilidade como traballador@s da universidade.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

A discusión aparece na Xunta de Persoal cando se fai relación á retroactividade da nova normativa. Desde a óptica do noso colectivo e, para asegurar a equidade no comportamento institucional e para non poñer en dúbida nomeamentos, renuncias... realizadas ao abeiro da actual normativa, a nova regulamentación non debe ter efecto retroactivo.
 
Nestes últimos anos ás traballadoras e traballadores que estando en máis dunha lista de agarda e que en virtude desa circunstancia estaban a traballar como funcionarios/as interinas, cando se lles ofertaba unha praza noutra lista advertíaselles de que o feito de cesar no posto que estaban a desenvolver significaba que decaían, de xeito definitivo, da lista pola que xa estaban contratados/as, non podendo retornar a ela. Revisada a Resolución do 15 de xullo de 2011 pola que se constitúen as listaxes de agarda e se regula o procedemento para a cobertura temporal de postos de traballo do persoal funcionario de administración e servizos non observamos que se contemple este condicionante. Consideramos improcedente e carente de fundamento este criterio.
 
Na reunión realizada o pasado venres entre Xerencia e Xunta de Persoal así se puxo de manifesto, coincidindo entre as partes neste principio.
 
A Xunta de Persoal solicitou que a universidade, de oficio, revisase a situación das listas de agarda e se lles dese a solución que se requiría. A Xerencia sinalou que se realizará un anexo na nova regulamentación que contemple esa circunstancia.
 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript