NÚMERO 314 - 09/05/2016
CUTUDC / Novidades
Case a totalidade das escolas públicas da cidade de Detroit, no Estado de Michigan, concluíron o pasado luns os seus labores, despois de que os profesores chamasen aos seus centros docentes, simultaneamente, para informar de que "estaban enfermos".
A acción
reivindicativa dos docentes produciuse en resposta
a unha convocatoria da Federación de Profesores,
que comunicou que o distrito quedará sen diñeiro
para seguir pagando aos mestres este verán, se non
recibe máis axuda do estado.
Con esta acción, os educadores lograron o peche de
87 das 100 escolas situadas neste
distrito, de acordo co contido dun correo
electrónico de Michelle Zdrodowski, voceiro do
Distrito Escolar de Detroit.
Pola súa banda, a presidenta interina do sindicato,
Ivy Bailey, declarou a través dun
comunicado que “ao negarse a garantir o pago polo
noso traballo, na práctica o distrito escolar está
a deixar aos nosos membros fóra das aulas”.
En opinión de Bailey , o distrito
escolar está a atentar, ao non
pagarlles a xornada de traballado, contra o desexo
dos traballadores de permanecer nas
escolas e dar aos nenos a oportunidade de aprender
e alcanzar o seu potencial”.
Desafortunadamente, - lamentouse- ao negarse a
pagar polo noso labor, o distrito escolar,
efectivamente, “está a sacarnos das aulas”.
Pola súa banda, o xuíz Steven Rhode, outrora xestor
de bancarrotas e agora encargado de supervisar o
distrito educativo de Detroit,
manifestou oficialmente que “a drástica
convocatoria” dos profesores “non era necesaria”.
Non hai que esquecer que esta cidade, que foi
durante algunhas décadas sede da industria
automobilística do país, constitúe hoxe un vivo
exemplo do que foi o “soño americano”
e do que del quedou.
Sinaladamente, a gran prensa
internacional corporativa e as súas campás de
repetición, que durante os anos de esplendor da
cidade dedicáronse a recrear o asombro por
“os éxitos do capitalismo” que esa cidade
encarnaba, elude agora informar sobre estes
pequenos “fallos do sistema”.
Canarias Semanal
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript