NÚMERO 314 - 09/05/2016
CUTUDC / Novidades
O Secretariado Nacional (SN) da CUT, máximo órgano do sindicato, xuntouse esta semana en sesión ordinaria para avaliar o 1º de maio. A celebración desta data, supón un orgullo para a CUT, que se sinte herdeira das loitas de Chicago xa non contra a patronal, senón contra a propia existencia dun sistema criminal (o Capitalismo) que inviabiliza que a clase traballadora poidamos vivir unha vida digna e en liberdade.
Con todo,
puxéronse en común os elementos máis negativos
desta data. Sen dúbida a desafección pola
mobilización sindical e a ritualización desta data
pesaron moito máis que calquera outra causa, e o
sindicalismo combativo non podo sentirse cómodo nun
escenario no que a mobilización mingua. Nese
sentido, o mandato do noso SN é tratar de repensar
a celebración do Primeiro de Maio para vindeiras
datas.
Ao tempo puxéronse sobre a mesa as diferentes
avaliacións da nosa Conferencia Nacional, analizada
como esencialmente favorábel polo organismo posto
que favoreceu un debate a corpo aberto e intenso
por parte da afiliación, cun nivel de participación
altísimo e con moitísimas achegas. Tamén se puxeron
sobre a mesa aspectos negativos de organización. No
balance negativo a Secretaría das Mulleres someteu
a debate unha crítica sobre o desenvolvemento da
mesma, chamando a superar en vindeiros encontros
actitudes e usos do tempo derivadas da organización
patriarcal da sociedade que aseguran a exclusión
das mulleres e entorpecen os debates.
Finalmente o SN remozou o seu compromiso co 28 de
maio, data na que se construirá entre todas unha
muralla de dignidade ao redor da cidade vella de
Lugo, organizada polas Marchas da Dignidade. Ao
berro de Pan, Traballo e Teito desenvólvese un
programa de acción dirixido a facer un chamado
masivo para esa data na que non se pode non estar,
nun momento de urxencia e necesidade social como o
actual no que a solución está na mobilización e a
unidade popular.
Os moitos Primeiros de Maio en imaxes
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript