Maio de 2016
 
 

NÚMERO 314 - 09/05/2016

   CUTUDC / Novidades

  BOMBEIROS DE GALIZA
 

Os bombeiros forestais advirten dunha campaña contra os lumes “complicada" pola falta de efectivos

Critican a privatización de servizos básicos de loita contra os incendios e tamén que a Xunta prefira acudir á UME en vez de contratar efectivos profesionais..

 

  • Noticias relacionadas

 

"Os profesionais afirman que o dispositivo non está preparado para afrontar unha vaga de incendios forestais como a vivida en Galicia no verán de 2006, pola falta de profesionalización e dun sistema único e público", suliñaron os sindicatos nun acto conxunto.
 
Ademais, critican a multitude de servizos existentes para atacar os lumes e a descoordinación entre eles, sobre todo, pola existencia de empresas privadas ou semipúblicas, brigadas municipais, bombeiros, militares, equipos de Protección Civil e outros axentes.
 
"Este abanico de diferentes medios fai pensar que a Xunta de Galicia está a derivar as súas responsabilidades cara a empresas privadas e outras administracións públicas e descargando a extinción de incendios en medios alleos á Administración galega", tales como medios militares, suliñaron.
 
Por iso, reclamáronlle ao Goberno autonómico "aumentar o número de efectivos para poder afrontar unha previsible campaña complicada" e restablecer o "modelo público e profesional de extinción".
 
Galicia Confidencial

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript