NÚMERO 313- 02/05/2016
CUTUDC / Novidades
Máis colaboracións.
As contas claras
Aprobados os orzamentos, sorprendeume o optimismo do equipo
de goberno. Revisei a comparativa do PASquín e, salvo os
cartos que se reservan para as promocións do PDI,
véxoos moi parecidos
aos do ano pasado, entendo que o que pasará é que non se
asumirá tanto gasto como o ano pasado cando houbo que pechar
a billa. Todo isto equivale a máis restricións e, de maneira
directa, no PAS que seguiremos cos mesmos cartos para acción
social e formación. Repito, non entendo o optimismo.
Oportunidade
Se nos
poñemos a traballar, desde agora mesmo, o Plan de
Financiamento que Feijoo impuxo ás universidades pode ter
data de caducidade. Este ano tocan eleccións e temos a
obriga de botalo da presidencia, ben puidera ser que os
reitores falasen con todos os candidatos e candidatas para
que expuxeran as súas proposta para acabar coa “austeridade”
(recortes) que desde o PP se impón ás universidades públicas
e a todos os servizos públicos.
Contracorrente
Ir
contracorrente ten o seu prezo, cando non é un custe
directo, é outra consecuencia, normalmente a marxinalidade.
Imaxínome as caras da representación empresarial presente
no Consello Social cando, a pesar do optimismo da
representación da universidade ao analizar o orzamento, a
representación do PAS votou en contra sinalando os motivos
que estaban detrás do voto. A sorpresa neste sector, e o seu
voto afirmativo, podo entendelo, o que me parece impropio é
o voto favorable que os orzamentos tiveron da representación
sindical que tamén estaba presente.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript