NÚMERO 314 - 09/05/2016
CUTUDC / Novidades
Sindicatos de traballadores e organizacións estudantís chamaron a efectuar o 12 de maio novas manifestacións para demandar a retirada definitiva da reforma laboral do goberno.
O texto,
actualmente debatido na Asemblea Nacional, provoca
protestas de rexeitamento nas rúas desde hai máis
de dous meses, xa que prexudica os dereitos dos
traballadores nun país onde a taxa de desemprego
rolda o 10 por cento.
Mediante un comunicado, os convocantes instaron os
traballadores nas empresas para multiplicar as
asembleas xerais para debater a amplificación da
mobilización e gañar novos dereitos.
Tamén chamaron a continuar as accións, marchas ou
folgas co fin de presionar durante o debate
parlamentario do proxecto, á vez que lembraron que
os poderes públicos deben garantir o dereito de
manifestarse e a seguridade dos manifestantes.
Ao chamado das principais organizacións de
estudantes e dos sindicatos, miles de persoas
volveron tomar as rúas o 1 de maio para demandar a
retirada definitiva do mencionado plan.
O 74 por cento dos franceses oponse ao proxecto,
mostrou unha sondaxe recente.
Preto da metade dos interrogados, o 48 por cento,
desexa a súa retirada definitiva, unha demanda que
coincide coa de sindicatos e organizacións
estudantís, detallou unha enquisa Elabe realizada
para a televisora BFMTV.
A pescuda arroxou que o 38 por cento das persoas
pronúncianse por unha modificación do texto e o 13
quere que se manteña sen cambios.
Prensa Latina
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript