Maio de 2016
 
 

NÚMERO 314 - 09/05/2016

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

A Fundación Jove recorre o convenio entre a UDC e a Deputación para a residencia universitaria pública

Felipa Jove foi presidenta do Consello Social da Universidade durante dous anos e medio, cesou nese cargo, a petición propia, no mes de xuño do ano 2008. Como boa empresaria estendeu os seus tentáculos á UDC aproveitándose da carencia dunha residencia universitaria pública. Desde o ano 1994 até o ano 2015, a residencia privada Rialta converteuse na única residencia que se lles ofrecía @s matriculad@s na UDC. Coa sinatura do acordo entre a Universidade e a Deputación da Coruña, o negocio desaparece e a Fundación Jove que preside a que fora presidenta do Consello Social, decide recorrer no Contencioso Administrativo ese convenio. A pela é a pela.

 

  • Noticias relacionadas

 

Sabemos que, arredor da universidade, técese un lucrativo negocio fundamentado na necesidade de alugueiro do estudantado. A este próspero negocio contribúe a carencia de residencia(s) universitaria(s) pública(s) que palíen esa necesidade, abaratando, de paso, os alugueiros privados.
 
O empresariado sempre atento a facer da necesidade “virtude” aproveitou a circunstancia para ofertar o “servizo” da residencia privada. Como sinalamos, agora o negocio vai a pique e como pasou con outros negocios privados reclaman o correspondente “rescate”. O capital é así, quere que en período de bonanza as ganancias sexan privadas, en períodos coma este ou cando o negocio non marcha as perdas sexan públicas ou que llas compensemos.
 
A noticia na prensa

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript