Maio de 2016
 
 

NÚMERO 314 - 09/05/2016

   CUTUDC / Novidades

  GRECIA
 

Folga xeral en Grecia contra o recorte ás pensións

O sindicato do sector público (ADEDY) e o principal do privado (GSEE) iniciaron este venres unha folga de 48 horas en protesta contra as polémicas reformas fiscal e das pensións, que se debaterá en sesión plenaria o Parlamento heleno nos próximos días.

 

  • Noticias relacionadas

 

Á convocatoria de folga, comunicada publicamente o xoves, sumáronse outras organizacións, como as de traballadores do campo ou o sindicato de xornalistas (POESY).
 
Na capital grega os transportes públicos como metro, tranvía, trolebús e autobús quedarán sen servizo polo menos ata o domingo, día no que se prevén ademais paros parciais. Tampouco partirán barcos de pasaxeiros do porto ateniense do Pireo, pois os traballadores do sector están en folga ata o martes ás seis da mañá.
 
O aeroporto internacional de Atenas Eleftherios Venizelos confirmou, con todo, que ningún voo internacional sería cancelado, xa que os controladores aéreos non se suman aos paros.
 
ADEDY convocou unha manifestación ás 12:00 hora local na céntrica praza ateniense de Klafzmonos. A reforma fiscal e das pensións que quere aprobar o Goberno forma parte do acordo levado a cabo entre o Executivo e o Fondo Monetario Internacional (FMI), a Comisión Europea e o Banco Central Europeo (BCE), que prevé recortar ata 5.400 millóns de euros.
 
EFE

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript