Maio de 2016
 
 

NÚMERO 314 - 09/05/2016

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Horario de verán

O pasado venres o xerente comunicou á Xunta de Persoal, que, a pesar do que se establece no calendario laboral de 2016, a xornada reducida de verán comezará na segunda quincena do mes de xuño e abarcará os meses de xullo e agosto, xustifícase no inicio do curso académico a principios de setembro para non prolongala redución durante este mes.

 

  • Noticias relacionadas

 

A Xunta de Persoal reivindicou, unha vez máis, a recuperación de todos os dereitos recortados, un deles, a xornada ao que o xerente sinalou que, de momento, isto é o que había.
 
Unha compañeira transmitiunos que, nesta materia, redución da xornada durante o verán, @s compañeir@s da administración central, a parte de ter unha regulamentación menos restritiva (a xornada reducida abarca desde o 16 de xuño até o 15 de setembro, cun horario de 9 a 14:30 horas) Segundo se establece no BOE número 295 de 10 de decembro de 2015: “Resolución do 25 de novembro de 2015, da Secretaría de Estado de Administracións Públicas, pola que se modifica a do 28 de decembro de 2012, pola que se ditan instrucións sobre xornada e horarios de traballo do persoal ao servizo da Administración Xeral do Estado e os seus organismos públicos”:
 
«Por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral, os empregados públicos con fillos, descendentes ou persoas suxeitas á súa tutela ou acollemento de ata 12 anos de idade, poderán acollerse a esta modalidade de xornada intensiva desde o 1 de xuño e ata o 30 de setembro de cada ano. Este dereito poderá exercerse tamén no ano no que o menor cumpra a idade de 12 anos.»
 
Esta circunstancia transmitirémoslla á Xerencia á que lle seguiremos reivindicando a recuperación dos dereitos recortados.

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript