NÚMERO 314 - 09/05/2016
CUTUDC / Novidades
As 19.121 prazas da Oferta Pública de Emprego (OEP) estatal para 2016 aprobadas polo Goberno central o pasado mes de marzo, non poderán ser cubertas, como mínimo, ata moi pasado 2017. E é que a repetición das eleccións deixou no aire a convocatoria oficial das probas selectivas que adoita facerse no mes seguinte ao anuncio da OEP..
No Ministerio
de Facenda e Administracións Públicas os técnicos
traballan pensando en que a convocatoria oficial
das probas se realíce, no mellor dos casos, a
finais do mes de setembro, aínda que a
perspectiva é que se atrase ata outubro. Con este
atraso, os opositores da quenda libre e os
funcionarios de promoción interna non teñen
posibilidade de preparar os temarios na súa
totalidade xa que non se saberá nin o número de
temas nin o contido dos mesmos, e moito menos, a
data dos exames ata que o novo Goberno estea
constituído.
Os exames, como moi pronto,
empezarían realizarse a partir do mes de
febreiro de 2017 o que podería alongar o
proceso de superación das probas e adxudicación
das prazas ata 2018, o que condicionará tamén a
convocatoria de emprego público do próximo
exercicio.
Cabe lembrar que, desas 19.121 prazas da OEP,
13.427 son novas e 5.694 están destinadas a
promoción interna para empregados públicos en
activo. A maioría das prazas libres convocáronse
nos ámbitos da loita contra a fraude fiscal e
laboral, a Xustiza, forzas e corpos de seguridade
do Estado, ou a asistencia directa aos usuarios de
servizos sociais.
Esta OEP cobre aproximadamente, o 85% das prazas de
funcionarios que se xubilou este ano, porcentaxe
insuficiente tendo en conta o envellecemento do
persoal, e a destrución de postos de traballo
acumulada ao longo dos últimos anos da crise
económica.
Non se pode obviar que
nos próximos 10-15 anos xubilaranse na
Administración Xeral do Estado, Prisións, Xustiza e
Forzas e Corpos de Seguridade preto de 120.000
persoas, 26.000 farano de maneira inminente
ao ter máis de 60 anos.
Funcionario hoy
Marcelino Ollé
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript