NÚMERO 314 - 09/05/2016
CUTUDC / Novidades
A cobertura do sistema de protección por desemprego sitúase en Galicia no 50,99%, pouco máis de 1 de cada 2 galegos en paro recibe algunha prestación. Canto menos iso é o que indican os últimos datos dispoñibles, correspondentes ao mes de marzo, no que a cobertura descendeu en case punto e medio con respecto ao mes anterior.
En concreto,
na nosa comunidade o sistema suma 108.721
beneficiarios fronte aos 213.220 parados que
había antes do descenso do mes de abril, sen
contabilizar os 18.577 que se correspondían co
colectivo sen emprego anterior.
Destes beneficiarios, 43.399 reciben unha
prestación contributiva, 52.749 un subsidio, 11.643
rentas activas de inserción e 930 están incluidos
no programa de activación do emprego.
Galicia Press
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript