NÚMERO 314 - 09/05/2016
CUTUDC / Novidades
Esta semana, no Punto, tivemos a oportunidade de conversar cunha veciña e tras escoitar o seu relato viñéronnos á cabeza unhas verbas que Ruth López pronunciara na 2ª edición da Escola Ramón Fernández Durán:
“Igual que se
recuperó un cierto orgullo y se desplazó la "culpa"
de los desahucios a través de las afectadas por las
hipotecas, tal y como cada semana, las gentes de
Berri-Otxoak salen a la calle a denunciar la falta
de derechos sociales en sus múltiples violaciones
sistemáticas,... porqué no hablamos de afectadas
por la explotación y la precariedad, por los abusos
de los servicios sociales, por los lanzamientos por
impago de alquiler, por la falta de acceso a
actividades culturales y de ocio, por la gratuidad
del transporte, por la dignidad en la alimentación
y en la salud sociosanitaria”.
Esta muller vive coa súa parella, cun fillo de 18 e
cunha filla de 11 anos. Ao igual que outros 10.500
fogares galegos, perciben a RISGA. Comparten,
tamén, con esas miles de galegas a dura realidade
de ter que comezar os meses na miseria e rematalos
da mesma forma.
Cunha claridade que desgarraba a muller falaba das
consecuencias na súa cotidianidade deste sistema
criminal:
“Ser pobre é comer merda” a insuficiencia,
cando non ausencia, de ingresos provoca o deterioro
da alimentación. A dieta redúcese a menos alimentos
e de peor calidade, o que provoca que os poucos
euros vaian destinados a mellorar a alimentación
das crianzas. Hoxe en día, multiplícanse as
recollidas/repartos de alimentos, como respostas
urxentes á xeneralizada e crecente desposesión,
pero isto non debería impedirnos identificar e
combater á orixe do problema -entre os que están
os negocios da industria alimentaria e das grandes
cadeas de distribución de alimentos-.
“Levo varios anos con medicación para a
ansiedade” > insomnio, vómitos, perdas de
memoria... algunhas das consecuencias dunha vida
suxeita a infinitas tensións para pasar os meses en
barrios da periferia como Coia. 371 suicidios na
Galiza en 2014 falan do prezo que pagamos polo
“austericidio”. Problemas de saúde e pobreza van da
man, binomio agora agravado polos recortes sociais
e privatización do sistema público de saúde.
“Os bancos déixannos a cero” > malia que a
RISGA é inembargábel os bancos apañan os cartos.
Fan valer a súa forza e poder perante persoas en
situacións de vulnerabilidade, igual que fixeron
coas hipotecas. Xuros, comisións, préstamos con
altos intereses... se suman ao embargo duns centos
de euros que apenas permiten sobrevivir.
Especialmente grave son os abusos de Abanca (antiga
caixa de aforros), entidade rescatada cos cartos de
todas e que cada mes penaliza a perceptoras de
RISGA, quedándose uns cartos que saben que non
poden tocar.
Nas periferias e nos marxes estamos a construír
unhas veces diques e outras resistencias, ao mesmo
tempo que artellamos relacións e outras vidas que
nos permitan, aquí e agora, vidas dignas e plenas.
Volvemos a repetir que estamos cansas e fartas das
súas esmolas, da súa propaganda, de que fagan
negocios coas nosas necesidades, de que nos
criminalicen... Por iso organizámonos para esixir o
noso, o que é de todas! Renda Básica das iguais e
moito máis!
Coia, maio 2016
ODS-Coia
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript