NÚMERO 314 - 09/05/2016
CUTUDC / Novidades
Podería parecer que a través deste título tan clásico propoño-lles unha fábula edificante. Pero aínda que o que lle imos a contar é fabuloso non é ningún conto, senón unha historia xudicial moi real, que tras quince anos de travesía, arriba ao mellor porto; o Tribunal Supremo.
Corría o ano
2001 e a empresa regasificadora REGANOSA decidía
situar unha gran planta na ría de Ferrol, ría que
aínda que gozaba dunha tradicional actividade
industrial derivada dos estaleiros, a súa vida
comunitaria estaba envorcada cara ao océano, e del
e con el, vivía-se en paz. Este equilibrio medio
ambiental e económico, vería-se fortemente alterado
ante un xigantesco artefacto perigoso e
contaminante, que coa falsa promesa de bonanza
económica para a comarca, viña en realidade a
cumprir os soños de riqueza dos poderes económicos
locais (caciques, conselleiros de caixas de aforros
e gobernos). Estes actuaron con método, o seu
propio, sempre conscientes da súa superioridade,
sobre os cidadáns, e as regras que permiten o xogo
pacífico entre todos eles, o Dereito e os seus
procedementos.
Ante esta situación a primeira vista "goliatesca",
constituíase en 2001 en Ferrol o
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de
Ferrol que, formado por un grupo de
cidadáns diverso de ben e presidido por un vello e
nobre Xeral na reserva, o Xeneral Gabeiras,
articulou desde entón unha loita asimétrica pero
tenaz, pola defensa dos dereitos civís e pola
defensa do patrimonio local; tanto cultural
(protexendo os usos e costumes económicos das
comunidades), como medio ambiental. Esta defensa
polos interese locais comunitarios baseábase en
algo incontestábel: a radical ilegalidade do
proxecto da planta gasificadora. Deste xeito
propoñíase unha loita por uns enraizados valores
cunha soa ferramenta, a lei. É neste escenario no
que a avogada Patricia Gabeiras sumouse á
causa presidida polo seu querido pai, asumíndoa
desde entón como propia, e como tal, foi realizada
de xeito desinteresado desde o seu despacho.
As batallas foron moitas pero a primavera foi
xenerosa e trouxo o mellor dos finais a este
proceso: o Tribunal Supremo en senllas sentenzas
declarou nula de pleno dereito á autorización de
construción da Planta de Regasificación de
REGANOSA, así como a autorización administrativa
previa, esta mediante a sentenza do Supremo de 22
de marzo de 2016. O Alto Tribunal, facendo seus os
argumentos do
Comité Cidadán, expresa, ademais, que "a
aprobación do proxecto de execución queda sen
cobertura xurídica", isto é, que é radicalmente
ilegal.
Chegados a este punto da historia, o procedente é
que a Dirección Xeral de Política Enerxética do
Ministerio do Ministerio de Economía acorde a
paralización e peche inmediato da planta para o
exercicio da súa actividade, a razón do establecido
en Lei do Sector de Hidrocarburos. Pero isto é xa
outra historia?
E en tanto a xustiza faise efectiva só recordar a
todas as persoas que traballaron durante anos xunto
ao
Comité e que xa non están entre nós. Este éxito
do Estado de Dereito será celebrado na súa memoria.
[*] Raquel Rivera Fernández, é Licenciada en
Dereito, e na actualidade pertence ao departamento
de comunicación do Estudo Xurídico de
Gabeiras&Asociados. Investigadora en dereito da
cultura no Instituto Interuniverstario para a
Comunicación Cultural, docente, xestora cultural e
violinista. Coordinadora do Portal Iberoamericano
de Dereito da Cultura.
Fonte:
Gabeiras&Asociados | 29.04.2016
Foto da cabeceira do artigo de
Jorge Meis | Mugardos, a 500 metros os tanques
de Reganosa | Abril de 2016.
Audio dunha entrevista realizada hoxe a Patricia
Gabeiras en RNE
Entrevista, de hoxe en RNE, a Patricia Gabeiras
avogada e asesora xurídica do Comité Cidadán de
Emerxencia, sobre as últimas sentenzas do Tribunal
Supremo en torno á ilegalidade da Planta de Gas de
REGANOSA. | en formato mp3:
Escoitar/Baixar.
[*] Patricia Gabeiras Vázquez,
Doutora en Dereito pola UNED e a Universidade
Carlos III de Madrid (2013). Licenciada en Dereito
e Diplomada en asesoría de empresa pola
Universidade Complutense de Madrid (1993).
Profesora Asociada do Departamento de Dereito
Mercantil da Universidade Carlos III de Madrid.
Fundadora da
Asociación de Usuarios Afectados por Permutas e
Derivados Financeiros da cal tamén exerce como
avogada, obtendo resultados de público
recoñecemento. É a avogada do movimento veciñal,
social e ecoloxista opositor a Reganosa e
leva todos os procesos xudiciais do
Comité Cidadán de Emerxencia daRía de Ferrol
contra Reganosa e conseguiu que o Tribunal Supremo
ditara tres sentenzas firmes e inapelábeis contra
Reganosa.
Enviado por:
Comite Cidadan de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
3 de maio de 2016 14:32
http://www.comitecidadan.org/
_____________
As tres sentenzas firmes do TS contra Reganosa:
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript