Maio de 2016
 
 

NÚMERO 314 - 09/05/2016

   CUTUDC / Novidades

  DEPORTACIÓNS
 

[Alerta] Voo de deportación a Paquistán o mércores 11/05/2016

Desde a Campaña Estatal polo Peche dos CIE puidemos confirmar que o vindeiro mércores 11 de maio haberá un voo de deportación fretado por Frontex (desde Holanda) con destino Paquistán, polo que as redadas serán ao longo e ancho de todo o Estado e doutros Estados membros.

 

  • Noticias relacionadas

 

Lanzamos esta alerta* sabedoras de que nos próximos días produciranse redadas policiais para capturar persoas desta nacionalidade, que se adoitan identificar os días previos en función do número de prazas que queden por encher neses vergoñosos avións.
 
Esta alerta non ten por obxectivo atemorizar á poboación, senón ao contrario, achegar información a todos os veciños e veciñas para que poidan actuar e organizarse colectivamente, por exemplo, denunciando intensamente as redadas policiais das que sexan testemuñas (pois adoitan producirse no espazo público e nos medios de transporte), despregando redes de coidado entre as veciñas e veciños, difundindo esta mensaxe nas redes sociais, imprimindo o cartel (máis abaixo) para realizar adhesivos para o metro, paradas…
 
*Para que estas alertas sirvan ao obxectivo proposto -e non como unha ferramenta de medo- é importante que se difundes esta información deixes claro en todas as canles o día exacto do voo, para que a alerta non se siga propagando despois do voo en cuestión. Toda a información actualizada neste blogue e en Twitter en @Stopdeportacion  e a través dos hastags #AlertaVuelo e #StopDeportación.
 
https://stopdeportacion.wordpress.com/
 


 
O Ministerio do Interior adxudica por terceira vez os ‘voos da vergoña' a Air Europa e Swift Air
 
Air Europa e Swift Air seguirán operando os voos de deportación, coñecidos como ‘voos da vergoña' por ONG e os colectivos que engloban a Campaña Estatal polo Peche dos CIE, que executa o Goberno español. O pasado mes de maio expirou o contrato coas arealiñas, constituídas nunha Unión Temporal de Empresas (UTE), encargadas de deportar en voos comerciais a persoas migrantes en situación de irregular. O acordo, que tivo unha duración de 18 meses, permitiulles embolsarse 12 millóns de euros das arcas públicas.
 


 
Recollido de Kaos en la red

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript