NÚMERO 316 - 23/05/2016
CUTUDC / Novidades
A auga é un dereito básico. O acceso a este servizo, a este ben, non debería estar en mans de empresas privadas, que especulan e que non garanten que persoas sen recursos vivan situacións terríbeis como a do corte desta subministración.
Lonxe de velar polos
dereitos de todas o goberno municipal é responsable
de estarmos nesta situación. David Regades
concelleiro responsable cala, mentres a concellería
de Políticas Sociais de Isaura Abelairas exclue o
pagamento de facturas de auga na recén saída
convocatoria do cheque social.
Ante esta situación, hoxe estreamos un video
elaborado polas compañeiras de Galiza Contrainfo no
que falan afectadas polos cortes de auga en Vigo e
na que escoitaremos tamén aos responsábeis da
empresa Aqualia, que xestionan o servizo de
abastecemento e saneamento na cidade.
Nesta peza escoitaremos outras voces,
visualizaremos o que acontece na cidade de Vigo,
onde os dinosetos saen gratis xa que os paga
Aqualia do mesmo xeito que se encargou e se encarga
de humanizar diferentes rúas da cidade. E mentres
isto acontece non existe un protocolo para aquelas
persoas que non poden facer cargos o pagamento das
facturas.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript