Maio de 2016
 
 

NÚMERO 316 - 23/05/2016

   CUTUDC / Novidades

  FRANCIA - REFORMA LABORAL
 

A contrarreforma laboral de Hollande mantén a Francia mobilizada

Como é sabido, o goberno do presidente francés, François Hollande, apelou ao artigo 49-3 da Constitución gala para lograr impoñer, sen control parlamentario, a reforma laboral que recibido o rexeitamento case unánime dos traballadores.

 

  • Noticias relacionadas

 

 Con todo, Hollande afirmou que esa lei "sairá adiante, porque foi discutida, concertada, corrixida, emendada", e porque conta –asegura- co apoio dos sindicatos e dunha maioría de deputados socialistas”.
 
Por iso, o presidente francés manifestou o pasado martes que non vai ceder na reforma laboral promovida polo seu goberno, a pesar das numerosas protestas que provocou na rúa e a oposición dun sector da esquerda.
 
Para o político socialdemócrata é preferible que “se garde del a imaxe dun presidente que fixo reformas, e non a dun mandatario que non fixo nada".
 
Hollande chegou a declarar que non cederá ante quen se opón á reforma “porque xa hai demasiados gobernos que sucumbiron ante esas presións
 
Mentres tanto, en Francia xa se anunciou unha nova semana de mobilizacións sindicais en contra do decretazo.
 
Este mesmo martes, os camioneiros bloqueaban as estradas en todo o país, en rexeitamento  ao  aumento da xornada laboral contemplado na nova lei.
 
O obxectivo da reforma, declarado polo goberno, é flexibilizar o “mercado laboral”. A xustificación para facelo non é orixinal no marco do ideario neoliberal. “Combater o desemprego, que actualmente  alcanza o 10% da poboación activa do país europeo.
 
En liña coas contrarreformas aplicadas noutros países do continente, como o Estado español, a nova lexislación responde ás esixencias da gran patronal gala, e supoñerá un substancial agravamento da precariedade dos traballadores.
 
Desde hai máis de dous meses non deixan de organizarse manifestacións contra  esta reforma “”.
 
Canarias Semanal
 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript