NÚMERO 316 - 23/05/2016
CUTUDC / Novidades
O paquete de medidas no ámbito sanitario anunciado este xoves polo presidente da Xunta, que inclúe cinco millóns para reducir as listas de espera, non convence en absoluto á Plataforma Anti-privatización da Sanidade pública.
Dende
esta plataforma condenan tallantemente “contos
electorais” que segundo eles se repiten con
cada nova campaña. Aseguran que este goberno
“tivo 4 anos para reducir as listas, e lonxe de
melloralas, aumentáronas durante todo este tempo”.
Recordan as cifras oficiais de preto de 300.000
galegos agardando nas listas de espera, e denuncian
que en realidade son máis porque “hai doentes
que teñen que esperar meses para ser incluídos nas
listas, e outros son apartados delas cando
deciden non ser atendidos na sanidade privada”.
Aseguran que o goberno presidido por Alberto Núñez
Feijóo está “a rirse das galegas e galegos, que
cree que imos a poñernos moi contentos con este
tipo de estratexias vellas herdeiras do
franquismo”.
Esixen que se poña en marcha “un plan de
emerxencia sanitario” para rematar coas listas
de espera, que poña “a pleno rendemento “todas as
instalación sanitarias públicas para evitar
derivacións á sanidade privada e que “contrate
persoal en condicións dignas e non por horas” para
que poidan facer o seu traballo “con dignidade e
coa máxima calidade da que son capaces”.
GALICIA PRESS
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript