NÚMERO 316 - 23/05/2016
CUTUDC / Novidades
Este ano A Marcha Mundial das Mulleres, en Ferrol como noutras cidades da Galiza, conmemoramos o 24 de Maio "Dia Internacional das Mulleres pola Paz", presentando a campaña que a Marcha xunto con BDS iniciamos para apoiar e dar a coñecer a acción da Flotilla da Liberdade “MULLERES RUMBO A GAZA”
Nesta acción as
mulleres de todas as partes do mundo faranse á mar
para resaltar o importante papel desempeñado polas
mulleres palestinas na loita do seu pobo e as súas
resistencias non só ao estado de Israel senón tamén
á discriminación e o patriarcado.
É por isto que vos convídamos o próximo martes día
24 de Maio ás 19:00h. no Ateneo Ferrolán á charla
na que falaremos mulleres da Marcha Mundial das
Mulleres e activistas de BDS.
Gustaríanos contar coa vosa presenza para dar
especial importancia e relevancia a este proxecto
no que por primeira vez as mulleres somos as únicas
protagonistas nunha acción deste tipo.
--
"As mulleres decidimos"
Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial
das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
Encontra-nos no
facebook e
twitter.
Enviado por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
19 de maio de 2016 23:26
ÁRTABRA 21
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript