Maio de 2016
 
 

NÚMERO 316 - 23/05/2016

   CUTUDC / Novidades

  XUNTA DE GALIZA
 

@s Farmacéutic@s Inspector@s de Saúde Pública comezan a folga indefinida

O día 18 deste mes deu comezou a folga indefinida convocada pol@s Farmacéutic@s Inspector@s de Saúde Pública para reclamar a dotación dos recursos necesarios, tanto humanos como materiais, coa finalidade de poder afrontar as situacións sanitarias de calquera índole que puideran producirse no noso territorio.

 

  • Noticias relacionadas

 

Á convocatoria realizada o pasado día 4 a Consellería de Sanidade respondeu facendo ouvidos xordos ás reivindicacións das traballadoras e traballadores, programando máis actividade da habitual para os días de folga e impoñendo uns servizos mínimos desproporcionados.
 
O colectivo lonxe de amedrentarse participou maioritariamente na folga convocada que foi secundada polo 97% do persoal. A folga que ten como única finalidade a mellora do servizo, terá continuidade os días 23, 24 e 25 de maio.

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript