NÚMERO 316 - 23/05/2016
CUTUDC / Novidades
Que queremos recuperar a xornada reducida que tiñamos durante o período de verán é coñecido pola Xerencia porque se lle manifestou en reiteradas ocasións, o xerente, non obstante, sempre respondeu propoñendo ou ben negocialo dentro dun paquete que incluíse outros aspectos (non chegou a sinalalos) ou ben rexeitando esa posibilidade significando que había que adaptar o período de redución ao calendario académico sinalando que cada vez o curso remataba máis tarde e comezaba antes.
A reclamación
feita a través da Xunta de Persoal tivo como
referencia os regulamentos que neste mesmo aspecto
teñen tanto a Xunta como a Administración Central
pero, nomeadamente, os das outras universidades
galegas. Non se entende como universidades con
procedementos similares poden nuns casos adaptar a
xornada e na UDC non se pode.
A este respecto temos a constancia de que a
Universidade de Compostela ven de modificar o seu
calendario laboral que no ano 2015 establecía a
redución de xornada desde o día 15 de xuño ao 14 de
setembro, establecendo que para o ano 2016
esta redución abarcará os meses de xuño, xullo e
agosto.
Seguiremos insistindo.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript