Xuño de 2016
 
 

NÚMERO 321 - 27/06/2016

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE - CEPREA
 

Reunión da Comisión para a Elaboración do Plan de Racionalización das Estruturas Académicas

O pasado día 22 realizouse unha nova reunión da Comisión para a Elaboración do Plan de Racionalización das Estruturas Académicas. Lonxe do alto grao de hostilidade de reunións anteriores, nesta ocasión a Comisión tomou os acordos que se xuntan e que a Secretaría Xeral fixo público o pasado xoves a través das listas de distribución.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

 

Fusión de centros. Partindo da premisa de que a porta segue aberta para que os centros baixo razóns obxectivas decidan, por propio interese, abordar a fusión, o equipo de goberno entende que, neste momento, pódese manter a situación actual.
 
Entende, tamén, que se pode seguir a avanzar na “racionalización” dos equipos directivos de centros e na racionalización e normalización da estrutura departamental.
 
De aprobarse definitivamente a proposta que se acordou, segundo o sinalado polo vicerreitor de Profesorado e Planificación Docente, suporía unha redución aproximada de entre 12 e 13 vicedecan@s-subdirector@s o que non implicaría moito diñeiro pero recuperaríanse horas de docencia equivalentes ás de dous mestrados. No que se refire a departamentos reduciríanse a un número de entre 22 a 25.
 
Ábrese, agora, o período de presentación de alegacións até o día 13 de xullo, a vindeira reunión da CEPREA realizarase o día 18 de xullo ás 9:30 h. coa finalidade de que a proposta sexa incluída na Orde do Día do Consello de Goberno que está previsto realizar o día 22 de xullo.
 
Seguiremos informando
 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript