Xuño de 2016
 
 

NÚMERO 321 - 27/06/2016

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

OEP: APA rexeita a proposta do reitor e do xerente

O martes día 21 realizouse a reunión da Xunta de Persoal convocada para tomar unha decisión sobre a proposta de Oferta de Emprego Público (OEP) presentada pola Xerencia co aval directo do reitor. A esta reunión só UGT e APA levamos unha determinación, sendo, o posicionamento, diametralmente oposto.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

Mentres que a UGT veu a sinalar que eran partidari@s da primeira proposta pero que, en aras a tomar un acordo, aceptaban a oferta que se nos remitía. A APA rexeitamos, de plano, o sucedáneo de OEP que a Xerencia e Reitoría nos propoñen agora.
 
Porque defendemos que os acordos teñen que cumprirse. Se aceptamos o que agora se nos propón votamos por terra o negociado con anterioridade, tanto na oferta de emprego como nas promocións. Na oferta de emprego público o acordado é moi importante polo número ínfimo de prazas que pode reflectir. Nós non esquecemos que na OEP de 2015 condicionamos que todas as prazas fosen da escala técnica a que a OEP de 2016 contemplase, exclusivamente, postos base da escala xeral. A Xerencia mente se se empeña en alegar que este acordo non existiu. Para nós o acordo verbal ten o mesmo peso que se se reflectise por escrito e estivese asinado.
 
Porque defendemos un modelo de carreira profesional que a proposta rexeita. Tivemos unha longa batalla coa representación institucional e moitas veces co resto de sindicatos presentes na mesa de negociación da RPT para reivindicar o barrado xeneralizado de todas as prazas, unha vez conseguido o obxectivo non estamos dispost@s a baleiralo de contido asinando o acceso a prazas de grupos A1 e A2 mediante a convocatoria libre. Parécenos rechamante e incoherente que @s funcionari@s poidamos acceder a esas prazas en comisión de servizos, realizar as funcións propias durante un tempo indefinido e non poidamos ocupalas definitivamente mediante concurso. Por outro lado parécenos que supón, como se sinalou nas asembleas, unha dilapidación de cartos públicos totalmente improcedente.
 
A proposta que se nos presenta supón un importantísimo retroceso nos dereitos adquiridos que a APA non estamos dispost@s a avalar coa nosa sinatura.
 
A Xunta de Persoal reúnese este luns, día 27, para tomar unha decisión definitiva. Manterémosvos informad@s.
 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript