Xuño de 2016
 
 

NÚMERO 321 - 27/06/2016

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

 

A oferta de emprego, improcedente e incoherente
Ola. Fun ás asembleas, pouca xente, agardaba que un asunto tan importante reunira máis traballadores porque coas propostas da Xerencia márcase o que vai a ser o futuro das convocatorias, tanto do que serán as promocións como das prazas que sairán a convocatoria libre. Deixando aparte o incumprimento dos acordos, que, polo que se nos manifestou, afectarían exclusivamente á oferta de emprego deste ano podendo convocar como se “acordase” en anos posteriores, e a que todas as prazas da escala de bibliotecas saísen a promoción o que implicaría máis promoción sen mobilidade. O realmente importante, ao meu xeito de ver, é o modelo que se establece e a súa incongruencia coa gran cantidade de prazas que saen a promoción. O modelo resúltame improcedente porque reservar a quenda libre, aínda que sexa o 25% da oferta a prazas dos grupos A1 e A2, en momentos nos que a oferta vai ser moi reducida, eu non o aceptaría, entre outras cousas esta circunstancia diminúe, aínda máis, as prazas a convocar do grupo C1 nas que se concentra a eventualidade. Paréceme incongruente porque se convocarán a quenda libre prazas dos grupos A1 e A2 cunha importante bolsa de compañeiros que promocionarán, ou promocionaron con anterioridade, e están á espera de ocupar esas prazas.

O verdadeiro Abalde
Cada día está máis claro que tanto as promocións como a RPT son froito do momento polo que atravesaba a universidade no momento da súa sinatura. Unha vez conseguido o obxectivo aparece o verdadeiro Abalde. E iso que xa dera sinais de como se ía comportar, o sr Abalde, na última etapa de Armesto como reitor, xa exercía de factótum, a el débeselle, baixo a miña humilde opinión, a implantación das UXAI e das UADI. É un deses individuos que debaixo dun paraugas progre (vincúlaselle ao PSOE e UGT), defende posicións que ven poderían saír do grupiño que se presentou como a súa oposición nas eleccións. En definitiva é un xestor deses dos que presume a dereita, na racionalización que se nos aplicou a nós e se aplicará na universidade luva de ferro co PAS, luva de seda co PDI.

 

 

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript