Xuño de 2016
 
 

NÚMERO 321 - 27/06/2016

   CUTUDC / Novidades

  SOS SANIDADE PÚBLICA
 

SOS-Sanidade Pública apoia a campaña a prol dun Plan Galego de Prevención do Suicidio

Comunicado de apoio de SOS Sanidade Pública á campaña por un Plan Galego de Prevención do Suicidio. O próximo 30 de xuño, Ás 8 da tarde, convócase un acto de Badalada pola prevención do suicidio en diferentes localidades galegas, simultaneamente á que se realiza en Santiago de Compostela desde hai case dous meses. De momento podemos confirmar a convocada no Obelisco na Coruña.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

Ante o grave problema do crecemento do suicidio en Galicia desde a Plataforma SOS Sanidade Pública esiximos a Conselleria de Sanidade
 
1.       A elaboración con carácter prioritario un Plan Galego sobre o Suicidio  de carácter multisectorial, dotado dos recursos necesarios para afrontar a gravidade do problema e  artellado no Plan de Saúde Mental de Galicia coa  implicación da comunidade.
 
2.       A constitución dun Comité Técnico para elaborar dito Plan
 
3.       A creación de Comisións Clínico-Asistenciais en cada Xerencia de Área de carácter  multiprofesional e multisectorial destinadas a coñecer e estudar a realidade do suicido en cada Área, realizar informes, identificar grupos e situacións de risco e elaborar opostas e protocolos de intervención
 
Mentres se elabora o Plan consideramos necesario:
 
·       Que a Conselleria de Sanidade e o SERGAS  leven adiante actividades informativas, en colaboración cos medios de comunicación, para informar a poboación  sobre o suicidio coa finalidade de sensibilizala e  desestigmatizar o problema
 
·       Mellorar o nivel de coñecemento dos profesionais de Atención Primaria sobre o problema e incrementar a súa capacidade para explorar o risco, avalialo e realizar actuacións preventiva adecuadas.
 
·       Desenvolver protocolos específicos de atención a persoas con conducta suicida e a afectados por suicidio consumado.
 
·       Facilitar con carácter prioritario  o acceso a recursos asistenciais as persoas en risco, incrementar o seguimento, e intensificar a atención sanitaria e social das mesmas.
 
A Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia acordou o pasado 6 de Xunio apoiar a campaña de sensibilización social e promovida polo  Movemento Galego de Saude Mental (MGSM), Badaladas en Prevención do Suicidio na que participan representantes de diferentes colectivos sociais na porta da Catedral de Compostela. 
 
Tódolos dias o Movemento Galego da Saúde Mental (MGSM), ás 8 da tarde na Praza de Praterias realiza un acto que forma parte da campaña Badaladas pola prevención do suicidio. As badaladas comezaron o  dia 3 de maio e aínda seguen tódolos dias. Con cada badalada, cada dia, quere recordarse que unha persoa morreu por suicidio en Galicia, e que aínda non se fixo nada dende a Xunta para cumprir ca orientación da OMS de desenvolver unha estratexia de prevención.. O día 30 o número de persoas suicidades é 181.
 
Desde SOS Sanidade Pública convocamos actos similares nas localidades de Galicia  o día 30 de Xuño   ás 8 da tarde, con concentracións e badaladas en lugares públicos.
 
Nelas reivindícamos un Plan Galego de Prevención do Suicidio, problema que creceu alarmantemente como consecuencia da crise económica e social, os recortes de recursos  e a ausencia dunha Rede de Saúde Mental que coordine recursos e dispositivos intersectoriais.
 
Badalada en toda Galiza en prevención do suicido.
Xoves 30 de xuño ás 8 da tarde no Obelisco. En silencio, só a badalada! Non faltes! Por un Plan de Prevención do Suicidio (temos 1 morto diario)
 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript