Xuño de 2016
 
 

NÚMERO 321 - 27/06/2016

   CUTUDC / Novidades

  PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
 

Remunicipalizar: pódese, e ademais, débese

Porque a mediados da segunda década do terceiro milenio, estamos nunha guerra polo control dos recursos públicos. O botín; O control duns 40.000 millóns de euros anuais que as administracións públicas locais adican para a prestación de servizos básicos a veciñanza. Na xestión pública, transparente e participativa, o aforro medio respecto da xestión privada está entorno a un 30%.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

É dicir a través do control do monopolio dos servizos públicos, a empresa privada expropia-nos colectivamente do coñecemento da autoxestión e ademais levase unha plusvalía de 12.000 millóns de euros anuais (O importe do rescate de Catalunya Caixa, tres veces os recortes de la Generalitat de Catalunya).
 
Esta é una de las trincheiras da loita de clases. Eles (os propietarios das accións das “empresas” de servizos) sabe-no e utilizan todas as súas ferramentas dispoñíbeis para asegurarse o seu botín. Unha delas, unha interpretación parcial e restritiva da chamada lei Montoro.
 
Falase moito de que a Lei de Racionalización e Sostebilidade das Administración Local (LRSAL), impide contratar o persoal necesario para recuperar os servizos municipais.  Pero en cada lei de orzamentos xerais do estado, permite-se a contratación de persoal temporal para a realización dos servizos esenciais (auga, residuos, transporte), e para cubrir as necesidades básicas (limpeza viaria, alumeado público, saneamento, servizos sociais, parques e xardíns, e os demais servizos de prestación obrigatoria por parte dos concellos).
 
Tamén din os que non queren remunicipalizar que “Europa”, a unión mercantil europea, prohibe rescatar os servizos públicos privatizados. De feito a nova directiva de contratación pública obriga a cumprir os contratos. E dende o pasado 16 de abril xa non podemos rescatar un servizo privatizado para remunicipalizar-lo. Pero una vez extinguido o contrato, non hai ningunha limitación para volver a xestión pública. E é mais, pode-se continuar rescindindo un contrato si a parte privada está incumprindo de forma grave e reiterada as súas obrigas contractuais. E crede-me que é algo moi moi habitual.
 
O único freo as remunicipalizacións son as inercias dunha administración local que se ten acomodado nas externalizacións (moitas veces con corrupción e outros fraudes), e a falla de vontade política real para estar na trincheira que como clase non podemos nin debemos renunciar e reverter estas concesións.
 
Necesitamos que se adiquen recursos públicos para fiscalizar as contratos actuais, recursos para volver a coñecer o servizo, e a partir deste coñecemento básico prestalo de forma directa . E estes  recursos de onde van a saír? Do aforro dos sobre-custes da xestión privada.
 
E como financialo? Tocará ver en cada caso que opcións temos, na política local a chave está en detectar os proxectos clave e priorizar os que xeren maior beneficio social. Neste momento sería clave liberar o parasitismo que supón adicar sobre 30% dos recursos públicos municipais a engordar as contas dos Florentino Pérez de quenda, e poder dispor así de maiores orzamentos para as políticas sociais.
 
Ante nos tamén está a ameaza do TISA (peor que o TTIP nos servizos públicos) onde os estados que o subscriban, obrigan-se a impedir que haxa marcha atrás nos servizos que xa están privatizados.
 
Naomi Klein conta na doctrina do Shock, que en procesos de cambio, o poder económico non ten ningún problema en ceder na xestión dos símbolos do pobo, mentras a xestión económica siga nas suas máns. Claro exemplo é o de Sur-África, permitindo a Nelson Mandela liderar a democratización do estado, mentras as élites económicas “ocupabanse” da economía. Agora o pobo e “libre” e mais pobre que antes tamen.
 
Por is non só se pode, senón que se debe. Hai moito traballo, moito traballo por facer,  e un traballo lento e xordo, pero altamente necesario.
 
De que lado estamos?
 
[*] Jordi Colomer i Missé, activista e técnico especializado en remunicipalización e xestión dos servizos públicos. Licenciado en Ciencias Ambientais pola UAB. Foi Alcalde  de  Arenys  de  Munt, onde foi o  responsábel da remunicipalización da auga do concello entre 2011 e 2014 .
 
---
PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas! Si se pode!
Pódese, débese e precísase!
 
Coordinadora Promotora da Plataforma
 
    Alexandre Carrodeguas.
    Fernando Ramos Armesto.
    Pablo Portero.
    Bernardo Rego Gárate.
    Lupe Ces.
 
correo-e:
remunicipalizacion.plataforma@gmail.com
 
Blogue:
https://plataformaferrol.blogspot.com.es/
 
Enviado por:
Alexandre Carrodeguas
-republicadetraballadoras@gmail.com-
10 de junho de 2016 10:09

  ____________
 
Enlaces relacionados:
 
A remunicipalización da xestión de servizos municipais. | 10 febr., 2016 a Blog / Campanyes | Autor: Jordi Colomer i Missé, especialista en xestión de servizos públicos municipais e remunicipalización. | Font orixinal: Ecología política, Nº 49, 2015, págs. 106-111. | Acceder ou baixar, en PDF ou HTML.
 
Recollido de Ártabra 21
 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript