Xuño de 2016
 
 

NÚMERO 321 - 27/06/2016

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADES - TAXAS
 

Xunta e universidades deciden conxelar as taxas un ano máis

O Consello Galego de Universidades decidiu, por unanimidade, na reunión do día 8 de xuño conxelar os prezos públicos de matrícula tanto de graos como de mestrados para o curso 2016/2017. O Consello da Xunta de Galicia, na reunión realizada o día 23 de xuño, ben de adoptar a decisión de referendar ese acordo.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

Segundo a comunicación oficial, o prezo medio das primeiras matrículas de grao (que representan preto dun 83% do total) mantense en 11,89 euros/crédito, mentres que o dos mestrados é dunha media de 26,49 euros. Segundo esta mesma comunicación aprobouse, tamén, a suba mínima posible para os de sucesivas matrículas.
 
Temos que lembrar que o PP incrementou, de xeito brutal e en plena crise, as taxas universitarias o que, xunto coa salvaxe diminución do orzamento destinado a bolsas,  non fixo máis que sumar trabas ao acceso a estudos universitarios das e dos fillos da clase traballadora. O atranco económico un filtro máis que nos devolverá á universidade das elites, á que só poderá acceder quen poida pagar.
 
O PP vulnerou, de xeito evidente, o dereito ao ensino limitándoo a unha cada vez máis reducida porción social.
 
No estado español, Mocidade Sen Futuro apunta que 100.000 estudantes abandonaron os estudos universitarios por non ter recursos económicos. Calculan que os graos aumentaron en custo un 32%, e un 75% o mestrado, desde 2012.
 
Outro aspecto a ter en conta son as bolsas. Mocidade Sen Futuro indica que España ocupa o posto 23 dunha lista de 37 países europeos en axudas, e denuncian que o endurecemento de acceso a esas bolsas e a súa redución fai que moitos alumnos nin sequera expóñanse estes estudos.
 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript