NÚMERO 322 - 04/07/2016
CUTUDC / Novidades
Os Sindicatos con representación na Mesa Sectorial de Xustiza de Galicia SPJ-USO, AXG-CUT, UGT, CIS-F, STAJ, CIG ante o “desprezo” demostrado polo Director Xeral de Xustiza, presentámonos sen aviso no despacho do Director Xeral de Xustiza o pasado día 23 de Xuño para esixirlle:
A) A equiparación directa da
normativa sobre descontos por Incapacidade entre os
funcionarios de Xustiza de Galicia e os do
Ministerios Xustiza, Navarra, Aragón, Maxistrados e
Fiscais.
Non é asumible, entre outra
cousas, que os funcionarios de xustiza de Galicia
suframos descontos do 50% do soldo por as
enfermidades recollidas no R.D 2210/1995: Gripe,
Hepatite A, B, Vírica e Outras, Sarampelo, Tos
Ferina, Varicela... e así ata alcanzar 38
enfermidades de declaración obrigatoria segundo o
Ministerio de Sanidade.
Non é asumible que teñamos
descontos pola interrupción voluntaria do embarazo
no primeiro trimestre de xestación por indución
farmacolóxica e polos procesos de incapacidade
temporal iniciados durante os tratamento mediante
técnicas de reprodución asistida.
B) Negociación normativa de Substitucións que
recoñeza o dereito dos traballadores a cobrar o
100% do Soldo. “A igual traballo, igual
retribución”.
Denunciamos as decisións
“caprichosas” da Subdirección Xeral de Xustiza con
respecto ás Substitucións (publicando substitucións
con lle da a gana, ou facendo interpretacións da
normativa “a gusto”)
C) Negociación das formulas de devolución aos
funcionarios de Xustiza das cantidades pendentes de
abono por parte da Xunta de Galicia e confirmación
de que os funcionarios de Xustiza non teremos
descontos no CAT do ano 2017.
O Director Xeral aceptou convocar unha Mesa de
Negociación para o mes de xullo para tratar todos
estes temas. Os Sindicatos xa adiantamos que non
aceptaremos negociar a normativa de Incapacidade
Temporal (I.T). Queremos unha normativa idéntica a
dos funcionarios de Territorio Ministerio, Aragón,
Navarra, Xuices e Fiscais.
Tamén adiantamos ao Director Xeral que a non
equiparación dos funcionarios galegos aos
funcionarios de Territorio Ministerio provocaría
medidas a partir do mes de setembro.
Galiza, 23 de xuño de 2016
Comunicación dos sindicatos ao director
xeral
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript