NÚMERO 322 - 04/07/2016
CUTUDC / Novidades
A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) considera “deplorable” que o xornal Diario de Ferrol decidise publicar o pasado día 26 nas súas páxinas de opinión, un artigo asinado polo colaborador José Luis Patiño que, baixo o título “Hasta el culo”, constituía un ataque encarnizado contra o colectivo LGTBI (lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais).
“De ningún modo podemos tolerar que se chame
a “actuar con valentía” reivindicando o día do
orgullo hetero, e cualificando ás persoas LGTBI de
“gays y maricallos; lesbianas y machorras;
bisexuales, trisexuales, transexuales,
hermafroditas y bestialistas”, apunta o CPXG nun
comunicado.
O artigo orixinou unha onda de protestas nas
redes sociais e motivou que a plantilla do
Diario de Ferrol publicase un comunicado no que
rexeitaron e lamentaron tal actuación; pediron
perdón e esixiron que o autor do texto fixese o
mesmo.
O CPXG considera axeitado que o diario retirase
a publicación da súa páxina web, pero lamenta
que non houbese desculpa por ter difundido unha
peza escrita en linguaxe insultante e totalmente
carente de respecto polas persoas que teñen
orientacións sexuais diferentes.
“É tarefa da profesión xornalística abordar os
problemas da sociedade con rigor, mesmo cando se
trata de opinar; e nada ten que ver a defensa da
liberdade de opinión co apoio a expresións de odio
e intolerancia como as que no artigo utilizou o seu
autor”, conclúe.
Recollido Galicia Confidencial
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript