NÚMERO 322 - 04/07/2016
CUTUDC / Novidades
O pasado día 28, o pleno do Parlamento de Galiza aprobou, polo procedemento de lectura única, cos votos do PP e a abstención do resto de partidos políticos, a Lei pola que se realizará a devolución da parte devindicada da extra de xuño de 2013 correspondente aos meses de xaneiro e febreiro. O PP intenta, unha vez máis, utilizar de xeito propagandístico cara as vindeiras eleccións galegas, unha restitución á que xa estaba obrigado por innumerables sentenzas do Tribunal Supremo.
Despois dun importantísimo esforzo
no que se puxo en tensión tanto a mecánica
reivindicativa como as asesorías xurídicas dos
sindicatos, agora, os propios sindicatos lávanlle a
cara á Xunta permitindo que nos roube e que cando
nos restitúe unha mínima parte do que nos roubou
pareza que nos fai un favor a todas e todos os
traballadores e traballadoras. Chegaba con reclamar
o cumprimento inmediato das sentenzas conseguidas
para ter o mesmo efecto .
Como xa dixemos con anterioridade e en moitas
ocasións reclamámoslle á Xunta e ao partido no
goberno a devolución de todo o que nos roubou
durante todos estes anos. Non pasamos por menos!
Documentación presentada a votación na
sesión do Parlamento de Galiza do día 28
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript