Setembro de 2016
 
 

NÚMERO 324 - 05/09/2016

   CUTUDC / Novidades

  LABORAL
 

Millóns de moz@s traballador@s en risco de pobreza no estado español

Ter un traballo e vivir en exclusión social deixou de ser unha excepción, tamén para os mozos. España converteuse nun dos países europeos onde máis xente nova que ten un emprego está en risco de pobreza, xunto a Grecia e Romanía. Máis do 20% dos traballador@s nov@s nestes países vive en exclusión social, tal e como alerta o último informe da Organización Internacional do Traballo (OIT).

 

  • Noticias relacionadas

 

A tendencia, di o organismo, consolidouse nas dúas últimas décadas: nos países desenvolvidos as persoas novas substituíron ás maiores como o grupo de poboación con máis risco de caer na pobreza. A situación trasládase ao mercado laboral, onde agora son os mozos os que máis probabilidades teñen de estar en peores condicións que os adultos.
 
A que se debe este aumento da pobreza laboral xuvenil? A OIT apunta á temporalidade e á incidencia do emprego a tempo parcial, que os mozos sofren con máis frecuencia que outros grupos de idade. A mala calidade do emprego, di o organismo, segue afectando “de forma desproporcionada” aos mozos.
 
“Estas formas de emprego adoitan estar asociadas a salarios máis baixos, a un acceso limitado á formación, promoción laboral lenta e menores niveis de protección social, todo iso combinado mina as perspectivas da mocidade no mercado laboral e o seu potencial de ingresos”, explica o informe.
 
Nalgúns casos concretos, o traballo temporal ou a tempo parcial pode servir como ponte para chegar a mellores empregos e soldos. Con todo, a OIT recalca que a evidencia mostra que en moitos países este tipo de traballos non melloran as posibilidades dos mozos de conseguir un posto indefinido e a tempo completo.
 
España tamén lidera, xunto con Chipre, Eslovaquia e Romanía o grupo de países onde máis moz@s teñen un contrato temporal sen desexalo: o 80%. No caso do emprego a tempo parcial, son os italianos e romaneses os que teñen un destes traballos sen desexalo (un 70%), unha taxa que alcanza ao 60% dos empregad@s moz@s a tempo parcial españois.
 
A foto que resulta destas dúas cifras é que @s moz@s españois teñen de forma involuntaria un emprego precario (non para compatibilizalo con outras actividades como os estudos).
 
Difícil atopar un emprego
 
España é, ademais, un dos países do mundo onde é máis difícil para a mocidade atopar un emprego en 2016. No mapa elaborado pola OIT, España aparece xunto a Grecia e Italia, e no mesmo nivel que Iraq, Namibia ou Sudáfrica. En todos estes países máis do 35% dos mozos que buscan traballo non o atopan.
 
Outro récord que tamén bate España é o dos mozos que nin teñen traballo nin están a se formar. Xunto a Grecia e Italia é un dos países desenvolvidos onde o número dos chamados ‘nin-nin' é máis elevado: preto do 30% de mozos atópase nesta situación.
 
Para a OIT, este é un indicador relevante que mostra ata que punto os países se enfrontan a retos complexos que teñen que ver co mercado laboral, como a falta de formación, o abandono escolar temperán ou o efecto desánimo á hora de buscar un emprego.
 
En España a taxa de paro entre os mozos de entre 16 e 25 anos que buscan traballo en xuño era do 45,8%, só superado por Grecia que roza o 50%.

El Diario

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript