Setembro de 2016
 
 

NÚMERO 324 - 05/09/2016

   CUTUDC / Novidades

  SALVAR O PLANETA
 

A NASA advirte que a Terra se quenta a un ritmo sen precedentes en mil anos

O ano 2016 será o máis caloroso xamais rexistrado, superando os datos de 2014 e 2015, que actualmente é o ano que ten a media de temperatura máis elevada da historia. A NASA advirte que esta dinámica non é un ciclo que sobe e baixa, senón que veu para quedar. “Non hai unha pausa ou interrupción no aumento da temperatura. As persoas que pensan que isto vai terminar están a ver o mundo a través de lentes de cor de rosa. Este é un problema crónico que vai padecer a sociedade durante os próximos 100 anos”, asegura Gavin Schmidt, director do NASA Goddard Institute for Space Studies.

 

  • Noticias relacionadas

 

Ese instituto da NASA afirma que o planeta se está quentando a un ritmo non experimentado no últimos mil anos, polo que é “moi improbable” que o mundo vaia a permanecer dentro dos límites de temperatura acordados o ano pasado en París. Coa calor deste ano a temperatura media do planeta subiu 1,38 Cº máis do previsto, achegándose ao 1,5 Cº posto como límite de seguridade na Convención climática de París. De feito, xullo foi o mes máis cálido da historia, polo menos desde que se teñen rexistros oficiais desde 1880.
 
“Para manter as temperaturas por baixo dese 1,5 Cº de seguridade necesítase un gran e rápido recorte nas emisións de CO2. Con todo é bastante pouco probable que iso suceda, pois nin sequera estamos a reducir as emisións para evitar chegar a un incremento límite de 2 Cº”, lamenta Schmidt.
 
Un estudo recente desvela que de seguir a este ritmo de emisión durante o próximos cinco anos non habería volta atrás para recuperar temperaturas máis saudables por baixo do 1,5 Cº de seguridade nin para evitar o cambio climático. Segundo a NASA, o aumento da temperatura que se rexistrou o século pasado é ao redor de 10 veces máis rápido que a taxa rexistrada no total dos mil anos antes. Ademais, anticipa que durante este século XXI o mundo quentarase a unha velocidade “polo menos” 20 veces máis rápido que a media histórica.
 
Fonte recollido de El Ventano

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript