Setembro de 2016
 
 

NÚMERO 324 - 05/09/2016

   CUTUDC / Novidades

  DOG
 

Axudas económicas para a atención de nenas e nenos menores de 3 anos

O DOG do 26 de agosto de 2016 publica a Orde do 11 de agosto de 2016 pola que se establecen as axudas económicas ás familias para a atención a domicilio de nenas e nenos menores de 3 anos a través do programa Bono coidado e se procederá á súa convocatoria.

 

  • Noticias relacionadas

 

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de axudas económicas, en réxime de concorrencia non competitiva, ás familias con nenos e nenas menores de tres anos que teñan a súa residencia en Galicia e precisen dun recurso personalizado a domicilio para cubrir necesidades puntuais derivadas da conciliación das obrigas laborais e persoais e as responsabilidades familiares, así como proceder á súa convocatoria.
 
Artigo 3. Persoas beneficiarias
 
1. Poderán ser beneficiarias das axudas do programa Bono coidado os pais/nais, titores/as, ou as persoas acolledoras de nenos/as menores de tres anos residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que se atopen nos supostos seguintes:
 
a) Ter unha nena ou un neno nacida/o con posterioridade ao 31 de decembro de 2013 respecto da anualidade 2016 e con posterioridade ao 31 de decembro de 2014 respecto da anualidade 2017.
 
b) Que a renda da unidade familiar, entendida como a suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro, non supere os 45.000 € ou os 13.500 € per cápita. Para estes efectos terase en conta a declaración do IRPF do ano 2014 respecto da anualidade 2016 e do ano 2015 respecto da anualidade 2017.
 
2. Ademais, as persoas beneficiarias teñen que cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
 
Artigo 4. Tipo de axuda e contía
 
A axuda consistirá nunha achega para contribuír ao pagamento do importe de servizos de atención á infancia a domicilio, nos seguintes supostos convenientemente acreditados:
 
a) Enfermidade do/a menor e imposibilidade de ser coidado/a polos membros da unidade familiar.
 
b) Enfermidade da persoa coidadora habitual.
 
c) Asistencia da persoa coidadora habitual a entrevistas de traballo ou cursos de formación.
 
d) Situacións puntuais de carácter laboral ou de coidado, tanto do cónxuxe ou parella como de familiares ata o segundo grao de parentesco por consanguinidade ou afinidade, que impidan a atención do/a neno/a polos membros da unidade familiar.
 
2. Concederase un máximo de 80 horas por familia para a totalidade do período subvencionado (un máximo de 20 horas na anualidade 2016 e de 60 horas na anualidade 2017). Este crédito horario diminuirá proporcionalmente a partir do 1 de outubro de 2016 en función do momento de solicitude da axuda.
 
3. A contía da dita axuda estará en función da renda per cápita da unidade familiar, de acordo cuns tramos que se sinalan na convocatoria.
 
As solicitudes de axuda poderán presentarse desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata, polo tando dende o 27 de agosto de 2016, o 30 de setembro de 2017
 
Convocatoria

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript