Setembro de 2016
 
 

NÚMERO 324 - 05/09/2016

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

 

Vaise o xerente
Cando estiven nas asembleas onde nos presentastes a posición que mantiñades en todos os puntos que naquel momento negociabades co xerente houbo algo que me quedou gravado cando falabades das promocións, naquel momento xustificastes que non aceptabades o aprobado noutras convocatorias porque xa non vos fiabades de que se cumprira o acordado e dixestes que incluso a proposta de preservar ese aprobado podía ser unha artimaña do equipo de goberno para deixar sen eficacia as promocións por motivos legais. O acontecido posteriormente dávos a razón naquela sospeita. As promocións acordounas o xerente como parte da campaña a reitor do equipo de Nova Luce. Ni eles se daban posibilidades na elección e foron os máis sorprendidos polos resultado. Agora, do que se trata, é de adaptar o acordado aos seus verdadeiros intereses, se no camiño hai que mentir, méntese. Marcha o mentireiro, que marche. Que todo o mundo saiba cando deposite o voto o día 25 a quen lle da a súa confianza.

A mentira ten as patas moi cortas
Nos comunicados da Xunta de Persoal, nos artigos do PASquín, no Consello de Goberno manifestades, de xeito reiterado o incumprimento de acordos que o xerente e o reitor negan de xeito sistemático. A utilización da mentira como arma para impoñer vontades ten un percorrido moi curto, unha vez que se destapa xa non hai volta atrás, o/a mentiroso/a, pode impoñer unha vez o seu propósito utilizando a mentira, se volve a suceder a culpa xa será vosa. Tedes que levantar acta de todas as reunións e, se agora marcha o que utilizou a mentira para enganar ao colectivo do que sodes intermediarios, que se vaia. Eu sería incapaz de darlle a man para despedilo. Demostrou ser un bo seguidor daquel que naquela campaña electoral se comprometera a non meternos na OTAN.

Vaise o xerente
O xerente anunciou, a mediados de agosto, que deixa o posto na Universidade. Ten asignado o posto 3 na lista pola Coruña e aínda que neste momento hai lío no se partido pola confección das listas de Pontevedra e Ourense, é seguro que a lista da Coruña non vai cambiar, polo tanto seguro que marcha. Hai, non obstante, un acordo que afecto ao colectivo na súa totalidade e que queda no aire, O CONCURSO. Comprometeuse a que se convocaría o 1 de outubro, as datas non me cadran para que se poida cumprir ese compromiso. Que vai pasar?.

 

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript