NÚMERO 324 - 05/09/2016
CUTUDC / Novidades
A Xunta de Persoal de Administración e servizos da UVigo pon de manifesto que a RPT aprobada no Consello de Goberno supoñerá o despedimento de 36 interin@s 26 del@s do Campus de Vigo e 10 do Campus de Ourense. Alerta de que, ademais, cambia as funcións do 43% dos 370 postos de PAS funcionario, polo que os afectados terán que concursar por un novo posto sen que se lles garanta o salario ou a cidade de destino. Denuncian que se trata de "un auténtico ERE".
A Xerencia
rachou, de xeito unilateral, as negociacións
presentando un ultimato que a Xunta de
Persoal, en reunión realizada o día 12 de xullo
acordou informar negativamente. A proposta
definitiva do equipo de goberno, aprobouse no
Consello de Goberno que se realizou o día 22 de
xullo.
Informe negativo da Xunta de Persoal.
Proposta de RPT presentada pola Xunta de Persoal á
Xerencia e ao Equipo de Goberno
Tamén vos trasladamos o
Informe negativo do Comité de Empresa de Pontevedra
sobre a proposta de RPT feita pola Universidade de
Vigo
A noticia no Diario da Universidade de Vigo
Queremos manifestar o noso apoio @s traballador@s da UVigo e poñernos á súa disposición para apoiar e participar en calquera medida de mobilización que adopten.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript