NÚMERO 324 - 05/09/2016
CUTUDC / Novidades
Como vos informamos no seu día un profesor da USC dirixiu varios comentarios sexistas a unha alumna. Os alumno e alumnas da aula requiriron á USC que abrise expediente ao docente polos comentarios e insultos realizados.
Diante da
inacción do equipo de goberno varias alumnas e
alumnos do Máster de Igualdade, Xénero e Educación,
realizaron unha protesta que consistiu en asistir á
clase co torso espido. Agora a Reitoría toma unha
decisión inaceptable, por un lado impón unha sanción
de dous meses de emprego e soldo ao docente por
outra banda abre expediente @s alumn@s que
realizaron a protesta o que pode significarlles a
perda da matrícula. @s alumn@s afectadas pásannos
unha folla de sinaturas para reclamar o peche
inmediato do expediente.
Reproducimos o texto e xuntamos a folla de
sinaturas,
Campaña “Eu tamén son Teteiro Ceive”
O pasado mes de febreiro, o profesor Luciano Méndez
Naya da USC proferiu repetidos comentarios machistas
contra unha alumna, diante dela e do resto do
alumnado, chegando incluso a ameazala.
Posteriormente, reafirmouse no seu discurso sexista
en dous artigos publicados en La Voz de Galicia.
A alumna, acompañada doutrxs compañeirxs, presentou
unha denuncia ante a USC, que non tomou máis medidas
que abrir unha investigación e, ante a mediatización
do caso, aceptar a petición de cambio de clase que a
alumna solicitara e lle fora denegada nun primeiro
momento.
O 17 de marzo, un grupo do alumnado do Máster de
Igualdade, Xénero e Educación asistiu a unha clase
súa, quedándose en suxeitador para reivindicar o
dereito a non ser discriminadas pola vestimenta nin
polo xénero, para poder facerse oír publicamente e
para loitar contra a inacción da USC.
Unha vez a acción saíu en prensa, a USC anunciou a
apertura dun expediente disciplinario ao profesor
Luciano Méndez. A finais de xullo, a USC imponlle
unha sanción de dous meses de suspensión de emprego
e soldo. Porén, mantenlle as mesmas horas de
docencia, a pesar das súas declaracións públicas
tales como: "A testosterona é unha hormona
complicada, pode ser unha aliada que estimule e
motive e pode ser tamén o peor dos inimigos, que
faga o varón vulnerable e débil. Controlala,
manexala en beneficio propio é labor de toda unha
vida.".
Ademais, aproveitando o mes de agosto, a USC abre un
expediente disciplinario contra o alumnado do Máster
de Igualdade, Xénero e Educación que denunciou esta
situación, considerando a reivindicación dunha
educación libre de sexismo como posible constitutiva
dunha falta leve que pode levar consigo ata a perda
de matrícula.
Consideramos que o primeiro requisito para que se
dea unha verdadeira “calidade docente” responde á
transmisión dos valores da igualdade e da non
discriminación, xa que os discursos de odio non
poden ter cabida nin amparo dentro da universidade
pública.
Polo tanto, esiximos que a USC aparte da docencia ao
profesor Luciano Méndez, que como institución acepte
calquera medida en relación co caso que a alumna
discriminada decida, e o cese de medidas
disciplinarias contra o alumnado consciente que
denunciou esta situación.
Folla recollida de sinaturas
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript