NÚMERO 324 - 05/09/2016
CUTUDC / Novidades
Como todas e todos sufrimos nas carteiras, os gobernos central (ano 2012) e o autonómico (ano 2012 en adiante), para enxugar o déficit orixinado a raíz da transformación de débeda privada en débeda pública (nunha gran medida derivada do rescate aos bancos) róubannos unha importante cantidade do salario. Innumerables sentenzas determinaron que parte desa incautación salarial realizouse de xeito ilegal. Correspondía, polo tanto, que se nos restituíse.
O goberno
central decreta a devolución da paga extra de 2012
(a única que as traballadoras e traballadores desa
administración se lles requisou), procedendo a Xunta
mediante anuncio publicado no
DOG do 4 de abril a determinar,
tamén, a súa devolución, esa restitución
realizaríase en dous cómodos prazos, abril e
setembro de 2016.
O goberno galego (o PP) non só nos confiscou a extra
de 2012, desde ese ano embárganos o complemento
específico das pagas extra pero, no ano 2013,
cometeu, outra vez a mesma ilegalidade que na paga
extra de 2012 realizando unha apropiación do noso
salario de xeito retroactivo (os Orzamentos
publicáronse no DOG do 1 de marzo de 2013,
roubándosenos a parte devindicada dos meses de
xaneiro e febreiro). Despois de múltiples sentenzas,
incluída a do Conflito Colectivo do PAS laboral
desta universidade, o PP que goberna na Xunta
acorda cos sindicatos maioritarios a devolución
desa parte devindicada durante este ano, sen
especificar data concreta, o acordo reflíctese na
LEI 7/2016. Na universidade sinalóusenos
que a restitución realizaríase en outubro.
Agora ben, estamos en ano electoral e corresponde
dar un caramelo co que edulcorar o roubo
inmisericorde realizado durante todos estes anos.
Feijoo, despois de decidir o adianto das eleccións
autonómicas ao mes de setembro, toma a determinación
de adiantar a restitución do ilegalmente roubado
establecendo o abono, tanto do que queda por
percibir da extra de 2012 como da parte devindicada
dos meses de xaneiro e febreiro de 2013, nun único
pago que as traballadoras e traballadores da xunta
recibiron no mes de agosto. Dita, a tal efecto as
instrucións e este
anuncio.
Que Feijoo actúe deste xeito non é gratuíto, as
traballadoras e traballadores aos que afecta esta
miserable restitución (queda por devolvérsenos a
práctica totalidade do incautado no ano 2013 e a
totalidade dos anos 2014, 2015 e 2016) somos arredor
do 4% do censo electoral, sendo a decisión
unicamente electoralista. Ten un factor colateral
e é que deixa sen discurso aos sindicatos
maioritarios que aceptan “sine die” a restitución
desta mísera parte demostrándose que hai diñeiro e
que se se nos mobilizase a restitución faríase de
igual maneira.
Por outra parte a UDC, de vacacións, que nos
saibamos non reclama á xunta o orzamento necesario
para realizar o pagamento ao mesmo tempo que as
nosas compañeiras e compañeiros da administración
autonómica (na nómina do mes de agosto). Na reunión
do día 30 de agosto coa Xerencia, a Xunta de Persoal
manifestou o descontento por esta circunstancia e
reclamou o pagamento na nómina de setembro, o
xerente sinalou que os cartos se recibiran o xoves
día 25 de agosto, coa nómina pechada o que
imposibilitara o pago nese mes, realizarase, polo
tanto, na nómina de setembro.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript