Setembro de 2016
 
 

NÚMERO 324 - 05/09/2016

   CUTUDC / Novidades

  GASTOS MILITARES
 

Saiba como se encobren os gastos militares das FF.AA españolas

Lonxe do que comunmente se cre, os investimentos militares non se producen nun estrito e pechado marco militar, senón que serve a un conxunto de intereses creados pola elite política e financeira, que funciona en favor de quen os goza e sérvense do Exército para obtelos .

 

  • Noticias relacionadas

 

Segundo un artigo publicado en "El Salmón Contracorriente", os militares e todo o aparato que os rodea, constitúen só a punta do iceberg dun sistema de militarización do gasto público do que  son  outros os seus  promotores e  reais beneficiarios.
 
Segundo o citado artigo, o gasto militar español ten unha  sorte de conformación moi parecida ás das capas da cebola. Á constitución deste sistema de 'capas superpostas" contribúe de maneira esencial o Ministerio de Defensa, que é o seu núcleo principal. Con todo, arredor deste Ministerio hai un segundo círculo de gasto militar  ao que o autor do articulo denomina “Círculo Militar”, que está composto polo Ministerio de Interior, cos seus gardas civís que son persoal militar; o de Presidencia, coa súa espionaxe no CNI; así como o financiamento das clases pasivas e os chamados Organismos Autónomos  Militares.
 
 Segundo o artigo mencionado, este círculo militar ten como misións e funcións:
 
Ampliar o seu ámbito de influencia a aspectos de seguridade interna, espionaxe, a asistencia social e sanitaria ao persoal militar e da garda civil, e os proxectos de investigación que realizan os OO.AA militares.
 
Ocultar moitos millóns de € fóra  dos Orzamentos Xerais do Estado (PGE) para que non se note tanto a presenza do militar nunha sociedade que nunca viu claro o seu papel. En total, escóndense 8.112,23 millóns €. É dicir, nada menos que o 58'31 % do gasto militar do que é responsable este Círculo Militar.
 
 ESTRUTURA  DA "CEBOLA" DOS GASTOS MILITARES
 
Pero o esquema das capas de cebola sobrepostas non conclúe, nin moito menos, nestes dous primeiros niveis. Baixo a "capa" deste círculo militar, existe  un segundo e invisible círculo financeiro-económico militar, que aparece como alleo ao ámbito castrense, pero que xoga un papel esencial na distribución dos orzamentos militares.
 
Non só elabora tecnicamente os orzamentos, senón que ademais:
 
- Autoriza os gastos e os excesos, emite a débeda, establece as operacións de enxeñería financeira necesarias para ocultar o gasto militar.
 
- Permite un control opaco e laxo do mesmo.
 
- Promove e estimula ás industrias armamentistas.
 
A súa existencia é invisible para a opinión pública, pero con todo xoga un papel todopoderoso na distribución dos gastos militares españois .

Este círculo  compóñeno os Ministerios de Industria, Facenda e Economía, con funcións coordinadas e diversas.
 
O Ministerio de Economía encobre 102,56 millóns € dos gastos militares. Ao ser o coordinador dos orzamentos xerais do Estado, propón tamén os gastos militares nos orzamentos anuais. O Ministerio de Economía coordina, ademais, a Secretaría Xeral de Comercio Internacional de Material de Defensa e de Dobre Uso. É, en definitiva,   quen controla o comercio de armas español. É o responsable de 13.534,32  millóns € dos  gastos militares.
 
Pola súa banda, o Ministerio de Facenda encárgase de "esconder" 39,49 millóns € dos gastos militares. Á súa vez controla a través da estatal SEPI (Sociedade Española de Participacións Industriais), o Complexo Militar Industrial.
 
O Ministerio de Industria, "oculta"   un gasto militar de 500,42 millóns €. Financia á industria militar con créditos a interese cero. .Financia os créditos necesarios para os  Programas Especiais de Armamento, unha partida que en 2016 levará 1.606,50 millóns €.
 
Segundo o autor  do artigo amentado, neste sistema de "estrutura de cebola", hai unha terceira capa na xestión dos gastos militares do Exército español. Trátase do Ministerio de Asuntos Exteriores, encargado de xestionar a nivel internacional os seus  gastos militares no exterior. Conta cun GM oculto de 201,17 millóns €. Encárgase, así mesmo, de administrar os investimentos en Operacións Militares no Exterior que custaron 1.034 millóns € aos contribuíntes.
 
Como non podía ser menos, a Casa Real forma parte tamén das cascas de cebola que envolven  os gastos militares españois. Encárgase de ocultar  1,05 millóns €, que se inviste en frecuentes relacións de pompa entre o Exército, a industria militar española e a foránea.
 
Redacción Canarias Semanal

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript