NÚMERO 324 - 05/09/2016
CUTUDC / Novidades
Exxon, Shell e Microsoft. Dúas petroleiras e unha empresa de informática, ocupan os tres primeiros lugares do pódium na lista do cincuenta empresas que máis diñeiro destinaron a labores de lobby na Unión Europea. A cantidade que as compañías 'top' destinou a presionar e influír sobre as decisións que se toman en Bruxelas e Estrasburgo incrementouse un 40% no últimos catro anos ata chegar aos 106 millóns de euros.
En 2012, a
sueca Ericsson destinou preto de nove millóns de
euros a esta partida. ExxonMobil Petroleum &
Chemical, a primeira no ranking no que vai de ano,
non chega nin á metade desa cantidade, pero a media
crece. E destaca a entrada dalgunhas compañías.
Entre elas, a de Deutsche Bank (case catro millóns
en labores de cabildeo), un banco baixo sospeita
pola cantidade de activos tóxicos que encerran os
seus balances.
No caso do sector bancario, boa parte dos seus
esforzos de lobby diríxese a crear termos como
"demasiado grandes para caer"
(too big to fail) para disuadir ás autoridades
europeas de ter a tentación de non levar a cabo
plans de rescate en caso de treboada financeira.
Así, na lista publicada hoxe
por Lobbyfacts, destaca a entrada do sector
financeiro-bancario. Ata oito bancos entran no top
50 de multinacionais máis influentes, entre elas
Credit Suisse, HSBC, Merryl Linch ou BlackRock.
Pero o sector bancario non é o principal comensal
desta mesa. Son as multinacionais enerxéticas as que
copan máis postos da lista de influencias. A Exxon e
Shell acompáñanlle outras petroleiras como BP, e
eléctricas como E.ON ou Enel. Entre os seus labores,
limitar os posibles efectos prexudiciais de posibles
medidas para paliar o cambio climático.
Comparten estes obxectivos coa industria
automobilística, entre a que destaca Volkswagen, que
se sitúa no posto número sete das empresas que máis
gastaron en 2016, tras
o escándalo das emisións de coches da súa gama
diésel. Como xa se publicou, as grandes
contaminantes son habituais do despacho
do comisario Europeo de Cambio climático e Enerxía, que
reparte as súas audiencias cun 94% para as grandes
empresas e un 6% para ONG e outras organizacións.
Por último, destaca o número de empresas de
tecnoloxías e comunicacións, coa entrada da chinesa
Huawei neste top ten. Temas como a fiscalidade
ocupan parte destas tarefas de presión. Google (no
sexto lugar do ranking), por exemplo, destina case o
dobre a influír en Bruxelas que os impostos sobre
beneficios que paga en España.
Telefónica é a única multinacional "española" na
lista das empresas que máis destinan a tarefas de
lobby na UE. A multinacional que preside José María
Álvarez-Pallete destinou dous millóns de euros a
este capítulo. Entre os beneficios que obtén a
multinacional, desde agosto, pódense apuntar a súa
presenza noutra lista, a das
compras privadas de débeda que está a levar a
cabo o BCE para apontoar ás grandes empresas
europeas.
inforelacionada
Como pensar un mundo sen corporacións
Diagonal Periódico
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript