Setembro de 2016
 
 

NÚMERO 324 - 05/09/2016

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Prolongación da vida laboral até os 70 anos

No PASquín 314 publicabamos a noticia de que o Tribunal Supremo ditaminaba mediante sentenza que @s funcionari@s que queiran alongar a idade de xubilición ós 70 anos poderán facelo, independentemente da administración á que pertenzan, rematando deste xeito coa disparidade de criterio á hora de conceder a posibilidade de atrasar a idade de xubilación.

 

  • Noticias relacionadas

 

No contido da sentenza menciona a normativa aplicable ao persoal funcionario da Administración Central que establece “Los funcionarios civiles de la Administración General del Estado y de las entidades de derecho público vinculadas o dependientes de ella podrán optar por la prolongación de la permanencia en el servicio activo a que se refiere el párrafo anterior, mediante escrito dirigido al órgano competente para acordar su jubilación con una anticipación de dos meses, como mínimo, a la fecha en que cumplan los sesenta y cinco años de edad”.
 
Temos coñecemento de que a un compañeiro desta universidade que, en base ao establecido na sentenza solicitou, con dous meses de antelación, prolongar a súa vida laboral até os 70 anos se lle denegou esta posibilidade, aducindo que a petición se realizou fóra de prazo segundo o establecido no Artigo 68 da Lei do Emprego Público.
 
O Artigo 68 apartado 4 establece que... “o persoal funcionario pode solicitar, cunha antelación mínima de tres meses e máxima de catro meses á data en que cumpra a idade de xubilación forzosa, a prolongación da permanencia na situación de servizo activo
 
Polo tanto ollo cos prazos.

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript