Setembro de 2016
 
 

NÚMERO 324 - 05/09/2016

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Un verán con moita actividade

Os meses de xullo e agosto soen ser períodos de tempo de baixa actividade na universidade, a modorra que transmite a calor xunto con que é o tempo de vacacións do PDI levan, habitualmente, ao letargo das novidades que nos poidan afectar. Non obstante este ano os acontecementos non seguiron a pauta marcada.

 

  • Noticias relacionadas

 

O día 21 de xullo o Consello de Goberno aprobou a Oferta de Emprego Público do ano 2016. Desta circunstancia informamos nun PASquín especial. Despois do informe da Consellaría de Facenda, coas prazas de promoción interna, publícase no DOG do mércores 3 de agosto.
 
A mediados do mes de agosto confirmouse a presenza do xerente nas listas do PSOE pola provincia da Coruña, debido a esta circunstancia e ás presas por deixar “amañada” a convocatoria da promoción interna, envíase a proposta de bases da convocatoria á Xunta de Persoal o día 11 de agosto, nesa mesma comunicación envíase para o seu informe a proposta dunha convocatoria extraordinaria de funcionarización.
 
A Xunta de Persoal reúnese o día 18 de agosto e acorda enviarlle á Xerencia unha comunicación na que se lle require a modificación da proposta e a convocatoria dunha reunión para acordar alternativas. O día 30 de agosto acórdase, coa xerencia, que a Xunta de Persoal asine co reitor o acordo que permite dar unha solución á convocatoria. Na reunión realizada o día 30 o xerente comprometeuse a  axilizar a sinatura do acordo. A día de hoxe a sinatura non se realizou nin o reitor deu sinais de vida.
 
Marcha o xerente pero deixa os deberes e importantes compromisos sen cumprir. O concurso, a modificación puntual da RPT para incorporar o Grupo B, Plano de formación... son algúns deles. Urximos, polo tanto o nomeamento dun novo xerente que posibilite, polo menos, o cumprimento dalgún dos compromisos no tempo acordado
. O concurso é agora prioritario, os prazos ocordados obrigan a negociar a convocatoria de xeito inmediato. O compromiso de que nos seis primeiros meses do ano se modificaría a RPT para incorporar o Grupo B, xa non se cumprirá e non se pode retrasar máis.

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript